Ribadeo, 8 de novembro de 2017. O BOP e o perfil do contratante do Concello publican hoxe a licitación da obra de mellora das rúas Francisco Lanza e Alfredo Deaño, que están situadas a carón do IES de Ribadeo e da nova residencia de maiores. O investimento ascenderá a 315.000 euros, dos que a Deputación de Lugo aporta o 80% e o Concello o 20% restante. As empresas interesadas en realizar estre traballo contan cun prazo de 26 días naturais para presentar as súas ofertas. Os traballos inclúen, entre outras actuacións, a construción de novas beirarrúas, a instalación de novo alumeado e tamén a plantación de 30 árbores en toda esa zona.
O alcalde, Fernando Suárez, manifestou que “continuamos con moita ilusión e moito traballo sacando adiante cousas positivas para Ribadeo. No día de hoxe sae publicado no Boletín Oficial da Provincia e no perfil do contratante do Concello de Ribadeo, unha licitación dunha obra moi importante, dunha contía sumamente importante, 315.000 euros, para o arranxo integral da rúa Francisco Lanza e da rúa Alfredo Deaño”.
O rexedor salientou que “estas dúas rúas envolven tanto o centro educativo Dionisio Gamallo Fierros como tamén a futura residencia de maiores de Ribadeo. Todo este entorno, que esta moi concorrido polos estudantes dos diferentes centros educativos tanto de Dionisio Gamallo como do Gregorio Sanz e o Porta da Auga, e tamén o vai estar aínda máis dentro de pouco tempo coa posta en funcionamento da nova residencia de maiores de Ribadeo. Por iso quixemos dedicar o Plan Único que temos concertado coa Deputación de Lugo, que outra vez volve ser a entidade supramunicipal que máis nos axuda dado que sufraga o 80% de todo este custe e o 20% restante sufragámolo desde o Concello de Ribadeo”.
Fernando Suárez explicou que “imos renovar as beirarrúas, que están en mal estado, pavimentar con aglomerado asfáltico toda a calzada, e acondicionar tamén un espazo público que temos enfronte do pavillón vello que actualmente se usa como aparcamento e que está nunha situación moi lamentable. Imos completar tamén as instalacións de pluviais, facer un novo alumeado público e no que ten que ver coa rúa Francisco Lanza imos facer as obras desde o encontro coa avenida de América ata a estación de ferrocarril. Imos complementar beirarrúas que faltan por ambas as dúas marxes para que toda a xente que use o tren, que esperemos que sexa máis da que está sendo, poida vir comodamente polas beirarrúas e con toda seguridade. Imos tamén pintar os accesos, sinalizar correctamente e queremos continuar coa plantación de novo arborado, coa plantación de máis de 30 árbores ao longo destas dúas rúas porque nos parecen signos distintivos de todas estas actuacións en rúas e en espazos públicos que levamos facendo ao longo destes anos”.
O alcalde dixo que “o procedemento de licitación é aberto para todas aquelas empresas que estean capacitadas para facer esta obra, o prazo é de 26 días naturais para presentar as ofertas, rematando o 4 de decembro, e os criterios de adxudicación son baseados no prezo e na proposta de melloras”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



