Cervo 29-11-17. José Luis Moñita, secretario xeral da agrupación de Compromiso por Galicia de Cervo, solicita a axuda da Valedora do Pobo para obter información sobre o total das cantidades aportadas polo Concello de Cervo á festa multidisciplinar ‘Gadélica’.
“Ante a non resposta por parte do señor Alfonso Villares aos dous escritos presentados con data 4 de agosto de 2017 e 20 de outubro de 2017 nos que se demandaba información, entre outras cousas, sobre o importe de fondos públicos do Concello que se destinaron a ‘Gadélica’ nos anos 2016 e 2017 e os recursos de persoal do Concello que se dedicaron á mesma, vémonos obrigados a solicitar a axuda da Valedora do Pobo. De todos e sabido que o Concello de Cervo non acostuma a dar información aos seus veciños e limítase a non responder ás preguntas dos mesmos, nunha actitude moi pouco transparente e que dá moito que pensar sobre o control dos fondos do concello e o seu destino final. Dá a impresión de que pode haber medo en canto a que as cantidades invertidas e as recibidas non cadren.”