Lugo, 29 de novembro de 2017. A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, mantivo este mércores un encontro con usuarios de ADACE (Asociación de Dano Cerebral Adquirido/Sobrevido de Lugo), xunto á Presidenta e Directora deste colectivo, Ángeles Rozas e Iria Abel. Fixérono para coñecer in situ os resultados das colaboracións que manteñen Deputación e Concello de Lugo con ADACE para mellorar a calidade de vida dos 20 lucenses que sofren Dano Cerebral e forman parte desta asociación.
Estas colaboracións coa Asociación de Dano Cerebral Sobrevido/Adquirido de Lugo, que ascenden aos 20.000 euros ao ano por parte de ambas as dúas institucións, permiten que este colectivo manteña o seu Centro de Día, cuxos custos correntes sufraga na súa totalidade o Concello de Lugo. Pola súa parte, o Goberno da Deputación financia a contratación dun neuropsicólogo, que forma parte da plantilla de 6 profesionais cos que conta a asociación e que atenden na actualidade a 20 veciños da provincia; así como a realización por parte dun monitor de dúas clases á semana, dunha hora de duración, de ximnasia de mantemento, na que os usuarios realizan un conxunto de actividades encamiñadas á conservación e mellora da condición física, enmarcadas no Movémonos, o programa deportivo, saudable e social da Deputación.
Ademais os Gobernos Local e Provincial colaboran con ADACE na celebración de campañas de sensibilización e prevención do Dano Cerebral que realiza o colectivo durante todo o ano na provincia.
Atención a 20 lucenses no Centro de Día
A Asociación de Dano Cerebral Sobrevido/Adquirido de Lugo posúe dende o 2009 un Centro de Día na capital lucense no que presta atención profesional a 20 usuarios da provincia de Lugo, de luns a venres, en quendas de 4 horas de mañá e tarde. Contan cunha traballadora social, un terapeuta ocupacional, un logopeda, un fisioterapeuta, un auxiliar administrativo e o neuropsicólogo que financia o Executivo Provincial e que ofrecen diferentes servizos específicos como terapia ocupacional, logopedia, fisioterapia e psicoloxía. A metodoloxía da asociación nas instalacións do Centro de Día divídese en 4 fases:
– Fase de Intervención Directa: orientan, informan e asesoran ás familias sobre prestacións sociais; ingresos en centros especiais; seguimento de casos de larga duración; visitas domiciliarias; ou fomentar reunións e conferencias periódicas, entre outras accións.
– Fase de Rehabilitación: valoración dos usuarios con Dano Cerebral Adquirido por parte dos profesionais da asociación e realización de diferentes obradoiros de actividades diarias; comunicación; psicomotricidade e modificación de conduta.
– Fase de Intervención Familiar: apoio e formación dos familiares afectados para un maior coñecemento da enfermidade, así como unha mellor aceptación e adaptación do mesmo.
– Fase de Intervención Comunitaria: promover campañas de prevención e información na sociedade sobre a doenza e fomentar a creación de recursos sociais.
Datos sobre o Dano Cerebral Adquirido
As causas principais de Dano Cerebral Adquirido son os ictus, traumatismos cranioencefálicos, encefalopatías, tumores ou enfermidades neurodexenerativas. Na actualidade en Galicia máis de 35.000 persoas sofren Dano Cerebral Adquirido, dos que arredor do 25% de afectados pertencen á provincia de Lugo. Gran parte dos danos cerebrais poderían evitarse tendo en conta os seus factores de risco e tomando medidas preventivas. Previr o ictus pasa por adoptar hábitos de vida saudables que eviten factores de risco como a tensión, a obesidade ou a hipertensión. O 70% dos traumatismos cranioencefálicos que provocan dano cerebral son consecuencia de accidentes de tráfico, dos que gran parte teñen causas relacionadas co exceso de velocidade e a condución baixo os efectos do alcol e outras drogas. Ademais existe unha maior incidencia destes casos en persoas de entre os 19 e 30 anos.
ADACE
ADACE é unha asociación sen ánimo de lucro, de ámbito provincial, creada no 2006 por persoas afectadas por Dano Cerebral Adquirido, as súas familias e outros colaboradores. Conta con preto de 300 socios e entre os seus obxectivos están promover a acollida, información, orientación e asesoramento a familiares e afectados de dano cerebral sobrevido; así como sensibilizar ás institucións públicas e á sociedade en xeral sobre a problemática do afectado de DCS e das súas familias.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



