LUGO, 23 de novembro de 2017.- A presidenta provincial do PP, Elena Candia, expresou este xoves o firme compromiso do Partido que dirixe coa erradicación de calquera tipo de discriminación que permita a violencia machista. Foi durante a inauguración da xornada “A violencia de xénero, unha realidade na sociedade”, e incluída na programación de actos impulsados por esta formación política para manifestar a súa profunda repulsa a esta lacra social.
Deste xeito, a dirixente dos populares defendeu que “previr e poñer fin a este atentado contra as mulleres é un obxectivo irrenunciable para os que temos responsabilidades políticas e de goberno”, pois, no que levamos de ano, xa son 43 as mulleres que perderon a vida a mans das súas parellas ou exparellas; 7 os menores asasinados pola violencia de xénero e 22 nenos quedaron orfos pola mesma causa.
“Hoxe e todos os días temos que manifestar a nosa condena absoluta, trasladar o apoio ás vítimas e artellar medidas que contribúen a reducir estas cifras”. Para elo, destacou, “cómpre a implicación de todos os grupos políticos, cidadáns, institucións, asociacións… para acadar unha maior prevención, educación e formación na materia, e que permita frear esta lacra”.
A presidenta provincial felicitou á comisión organizadora do encontro, “quen fixo un esforzo extraordinario” por agrupar nunha soa tarde a especialistas na referida temática, xa que “eles son os mellores para indicarnos aos Partidos e aos que tamén temos responsabilidades, como é o meu caso na administración local, das mellores medidas de actuación tanto para erradicar esta inxustiza como para prestar unha atención axeitadas ás vítimas”, remarcou Candia.
O Partido Popular súmase así aos actos en repulsa da violencia machista. Logo da intervención da dirixente do PP, tivo lugar a mesa redonda, que estivo moderada pola secretaria de Política Social -área organizadora do encontro-, María JoséBlanco Freire, e na que interviron o subinspector de Policía Nacional da UFAM de Lugo, Enrique Giménez, a xefa da Unidade Contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Lugo, Ana Belén Pacio, e a psicóloga experta na atención ás vítimas, Sandra Casas Vilas.
A xornada rematou coa intervención da coordinadora de Igualdade do PPdeG, Susana López Abella, quen abordou a violencia de xénero como un asunto de Estado; cuestión que os populares consideran de extraordinaria importancia para reducir o número de casos que sofren de modo totalmente inxusto este tipo de violencia.
Neste senso, a coordinadora do Partido Popular a nivel autonómico explicou que en setembro deste mesmo ano foi aprobado o primeiro Pacto de Estado nesta materia, incluíndose no mesmo as achegas ratificadas no Parlamento de Galicia por unanimidade de todos os grupos políticos e presentadas na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas do Senado no pasado mes de marzo.
A Muralla, iluminada de violeta
No marco desta programación,Elena Candia tamén lembrou que as luces da Muralla (zona da Mosquera) permanecerán de cor violeta este sábado, día 25, dende o ocaso ata as 00:00 horas. Con esta iniciativa, tanto a agrupación local como a provincial queren expresar a súa condena a este tipo de violencia que, “por desgraza, é unha realidade”. E é que, segundo os últimos datos publicados polo Consello do Poder Xudicial, correspondentes ao primeiro trimestre do ano, ingresaron nos xulgados lucenses algo máis de 200 delitos relacionados contra a violencia de xénero.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



