Viveiro, 4 de novembro de 2017. O quiosco dos Xardíns Noriega Varela, de Viveiro, acolleu na tarde-noite de hoxe o sexto sorteo de 1.500 en vales de compra da campaña da FCAM, que daba comezo o pasado 24 de setembro e que concluirá o 11 de novembro.
As papeletas gañadoras foron extraídas da urna na que durante toda a xornada deste sábado os clientes do comercio do CCH de Viveiro as foron depositando ata as 20:30 horas, momento no que deu comezo o sorteo. Todas as persoas que fixeron compras por un importe superior a 10 euros na cidade do Landro do 29 de outubro ao 4 de novembro puideron despois canxear eses tíckets por papeletas para participar no sorteo de 1.500 euros en vales de compra, divididos nun total de 8 premios. Os afortunados e afortunadas foron os seguintes:
Premios de 100 euros
-Ana Berta Díaz Armada
-Dolores Salgueiro
-Ainhoa Escourido
-Juan Carlos Seijo
-Dolores Salgueiro
Premio de 200 euros
-Mónica Fernández
Premio de 300 euros
-Yuri Casas
Premio de 500 euros
-Marta Rico
Belén Expósito, vicepresidenta de A Mariña Federación, foi a encargada de entregarlles os premios aos gañadores. O sétimo e último sorteo desta campaña de A Mariña Federación será o vindeiro sábado, 11 de novembro, en Burela.