Mondoñedo, 23 de novembro de 2017. O Boque Nacionalista Galego presentou para o vindeiro pleno que se vai celebrar mañá venres día 24, unha moción na que pide que o concello faga os estudos pertinentes para poñer en marcha no ano 2018 unha segunda ruta guiada pola Cova do Rei Cintolo.
O voceiro nacionalista no concello mindoniense, Eloi Cabanas, explica que “na actualidade só se está prestando un dos dous servizos contemplados na Ordenanza Fiscal Nº28, Reguladora da Taxa pola prestación se Servizos aos Visitantes á Cova do Rei Cintolo”. Estas visitas realízanse actualmente só na zona máis accesible, cun recorrido aproximado de 300 metros e unha hora e cuarto de duración.
“A citada ordenanza contempla a posibilidade de facer unha segunda ruta guiada pola cova, de maior percorrido e duración e coa particularidade de que será necesario ter un estado físico mellor que para a actual ruta”.
O grupo municipal do BNG de Mondoñedo entende que a mellorar a oferta das visitas que se realizan á cova máis grande de Galiza é un piar moi importante no desenvolvemento turístico da localidade.
“Con esta medida temos a oportunidade de dar maior valor engadido ao turismo de natureza no noso concello, incluso con malas condicións meteorolóxicas”.
-ORZAMENTOS 2018-
O BNG de Mondoñedo vai votar dúas veces en contra dos orzamentos municipais para o ano 2018 en menos de quince días.
Eloi Cabanas apunta que no pasado pleno do día 10 de novembro o grupo nacionalista manifestara as súas dúbidas co procedemento no proceso de tramitación dos orzamentos, “non se respectou o informe de secretaría no que indicaba que era necesario un Ditame da Comisión Informativa de Facenda previo ao pleno”. Este ditame non se emitiu porque non se celebrou a comisión preceptiva.
“ A aptitude neglixente da alcaldesa provoca que os orzamentos teñan que volver ao pleno mañá venres” e cualifican de “perdida de tempo” o anterior pleno.
-VOTO EN CONTRA-
Para o BNG, estes terceiros orzamentos que presenta por segunda vez o goberno municipal de Elena Candia son uns orzamentos “continuistas e sen ningunha obra ou inversión nova de envergadura”.
Gastan máis na partida de publicidade e propaganda que na de actividades culturais e deportivas.
Aumentan os gastos correntes con respecto ao ano pasado pola externalización de servizos como a xestión de multas de tráfico, a tramitación de expedientes urbanísticos de xestión de biomasa ou o servizo de recollida do lixo.
“Con estes orzamentos entendemos que o ano 2018 tampouco vai ser o ano do rural”.
O BNG indica que o goberno municipal segue coa mesma filosofía e continúa habendo un desequilibrio importante de inversión entre a zona rural e a urbana. Para os nacionalistas non hai un proxecto claro para mellorar os servizos que debe prestar o concello aos veciños e veciñas do rural. “Non nos vale que lle chamen investimento só á conservación e mantemento de camiños”.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



