A Mariña 23-11-17. En relación ao cambio de nome do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro e a outras recentes iniciativas de cambio de nome de centros escolares na Mariña.
No momento no que o Observatorio tivo o coñecemento de que en breve se procedería ao cambio de nome do CEIP Antonio Pedrosa Latas, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica, dirixiuse ao equipo directivo, consello escolar e Anpa do centro coa fin de parabenizalos polo cambio de nome do centro educativo, pois desde a nosa organización entendemos que están exercendo con responsabilidade a súa obriga de ofrecer unha educación integral ao alumnado e por iso non podemos menos que felicitalos por esta iniciativa.
Sabemos que o nome das entidades educativas son a súa parte máis visible e un elemento moi sensible ante a comunidade na que se integran, e por este motivo convidamos ao centro a que valorasen que o novo nome do centro fose un nome de muller. Sabemos que tan só o 25% dos centros de ensino de Galiza levan nomes de mulleres, e esta estatística contabiliza incluso os nomes que fan referencia a virxes e santas.
En concreto, entre os 39 centros educativos públicos da Mariña tan só leva nome de muller o IES María Sarmiento de Viveiro, ningún centro de primaria. Ademais contamos con 3 centros con nome feminino de referencia relixiosa.
Como asociación feminista pensamos que a escolla dun nome feminino servirá de referente e modelo para as rapazas e rapaces que estudan no centro e tamén para toda a comunidade da contorna. A visibilización das mulleres e das nosas aportacións á sociedade é algo prioritario e de xustiza no ámbito da educación, non só analizando o valor coeducativo da iniciativa, senón tamén porque a educación foi e é un terreo intensamente feminizado.
Por estos motivos en días pasados dirixímonos tamén por escrito á Alcaldesa de Viveiro e á Concellaría de Muller, pois esperamos das institucións públicas que exerzan dun modo proactivo as medidas que xeneren cambios cara a igualdade. Nun mes de novembro no que se suceden actos reivindicando o cese das agresións machistas incidimos na importancia de que os Concellos promovan accións que guíen á xente moza nos camiños da igualdade real entre mulleres e homes. Entendemos que en Viveiro existen exemplos de mulleres que serían dignas representantes e valedoras dos principios educativos do CEIP, e por iso alentamos a que desde o Concello se impulse a escolla dun nome de muller que sirva de magnífica tarxeta de presentación para este centro educativo.
Coñecemos ademais que noutros concellos da Mariña están nacendo iniciativas para o cambio de nome de centros educativos, e lembramos a aquelas persoas promotoras dos mesmos, así como aos Concellos, Anpas, consellos escolares, claustros e equipos directivos, a importancia de visibilizar a figuras femininas así como de corrixir unha situación inxusta e de desequilibrio evidente.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



