Burela, 17 de novembro de 2017. O Concello ultima os preparativos da visita que o embaixador de Cabo Verde en España, Manuel Ney Monteiro Cardoso, realizará á localidade este domingo, 19 de novembro. Ás 16:00 horas terá lugar a recepción no salón de plenos do Concello. O alcalde, Alfredo Llano, considera moi importante este encontro para as relacións que Burela mantén con Cabo Verde e tamén para a colonia caboverdiana que leva moitos anos asentada na vila.
O rexedor burelés declarou que “estamos xa ultimando o que vai ser a visita do embaixador de Cabo Verde, que foi recentemente nomeado. Está en Madrid, pero vai visitar Burela como é norma, dada a importancia que hai aquí de presenza de caboverdianos. O embaixador é Manuel Ney Monteiro”.
Alfredo Llano dixo que “imos facer un recibimento no Concello ás catro da tarde ese domingo, e estamos invitando a aquela xente que dalgunha maneira está interesada en coñecelo, en coñecer as relacións con Cabo Verde, tanto autoridades como persoas da administración, pero tamén a veciños e sobre todo a veciños de Cabo Verde que poidan estar aquí presentes ese día ás catro da tarde. Imos darlle a recepción no salón de plenos, aínda que despois suba ao despacho da alcaldía para falar de temas máis concretos”.
O alcalde de Burela comentou que “tamén contamos con xente do consulado de Cabo Verde, con xente que virá da Coruña, e tamén coa presenza, espero que abundante, de xente de Cabo Verde porque ás cinco da tarde vaise facer unha recepción por parte do embaixador no salón de conferencias”.
Llano pensa que “é moi interesante esta visita sobre todo para a xente de Cabo Verde que está convivindo con nosoutros aquí en Burela, que haxa presenza da administración de Cabo Verde, xa veu o presidente, xa tivemos ocasión de coñecelo, agora ven o embaixador. Como sei de primeira man que hai moita preocupación nalgúns temas que teñen aquí os residentes de Cabo Verde, e que llo van plantexar seguramente na reunión que vai facer no salón de conferencias, son cuestións relativas á tramitación de pasaportes, da nacionalidade, etc. Eu tamén lles botarei unha man no aspecto de axudarlles en todo aquilo que sexa necesario para unha boa relación, sobre todo en temas de administración, en temas que lles preocupan a eles de relación co seu país”.
O rexedor manifestou que “tamén aquí vou procurar invitar á xente que ten algún tipo de negocio, algunha relación con Cabo Verde, para que se consoliden, falen e poidan facer algunha previsión de máis relación de futuro. Loxicamente a Burela, e á xente do mar sobre todo, interésalle ter unha boa relación, que se está tendo xa moi boa, con Cabo Verde para engrandecer tanto no económico, como social e cultural, que sempre é moi positivo para as dúas entidades”.
Alfredo Llano engadiu: “intentaremos facerlle un xantar nalgún restaurante de Burela, e ás sete da tarde como temos a ópera, supoño que rematará de falar cos seus veciños sobre esa hora, imos convidar tanto ao cónsul como ao embaixador a que veñan a ver a ópera da que imos poder gozar no noso auditorio”.
O alcalde de Burela considera que “isto é moi importante. Evidentemente é unha satisfacción que veñan a Burela con esta frecuencia, e sobre todo demostrando este interese por un lado coa súa xente que está aquí convivindo, pero tamén demostrando un grande interese institucional para a relación que poidamos conformar e engrandecer no futuro”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



