O Concello de Cervo traballa diariamente na actualización do catastro municipal. Nesa tarefa, os empregados municipais atopáronse con inconvintes á hora de poñer ao día algúns datos. Neste intre tratan de actualizar os titulares do Polígono 26, situado na Zona do Castelo, entre a Carretera que une Viveiro e Ribadeo (N-642) e os accesos a Alcoa. Existe unha única parcela catastral, que figura EN INVESTIGACIÓN e recorreuse aos datos do catastro histórico (anos 1958-1960) para tentar chegar a coñecer aos propietarios ou titulares actuais. Por este motivo, agora estase tratando de identificar aos herdeiros e actuais propietarios destas 267 parcelas. Para tal fin, os afectados poden achegarse ao Concello de Cervo e dirixirse ás oficinas de catastro de luns a venres en horario de mañá.