Lourenzá, 15 de novembro de 2017. O equipo de goberno de Lourenzá agradécelle ao PP local as xestións realizadas ante a Xunta de Galicia para reparar o peche e a beirarrúa da área de O Ranchito. Tamén colle con satisfacción e sorpresa a celeridade con que a Xunta atendeu a súa petición. É por iso que “co afán de colaborar procedemos a darlles un listado de obras para que llo trasladen á Xunta de Galicia e ao señor Balseiro e que procedan tamén a reparalas á maior celeridade”, explica o goberno municipal.
Os membros do equipo de goberno de Lourenzá especifican que “poden comezar polo CEIP Juan Rey. O ascensor, de recente instalación, non funciona cando chove porque colle auga. Os radiadores, inspeccionados hai poucos meses polo señor Balseiro e a señora Álvarez Chao, cando viñeron a sacar a foto, non quentan e nalgunhas clases teñen que utilizar estufas. O estado do peche do colexio, ventás e portas, é lamentable, o que fai que a calefacción non se note en días de moito frío. A caldeira tamén necesita ser substituída. O mesmo se pode dicir da instalación eléctrica, que xa non é a primeira vez que arde e bota fume para susto de nenos e profesores. Non sabemos se no PP de Lourenzá se decataron de que ao colexio van máis nenos que ao parque infantil de O Ranchito (todos os veciños que pasan por alí saben quen non hai nunca ningún neno, como tampouco no parque da Gracia nin no de Oural, pero o importante noutros tempos era despilfarrar sementando parques infantís)”.
Ademais o goberno municipal pregunta “por que non sae o señor Balseiro a contar que a Xunta nos denegou a subvención que o Concello pediu para seguir realizando obras de mellora no pavillón polideportivo e mesmo para cubrir as escaleiras de entrada ao colexio e cuxo presuposto ascendía a un total de 52.268,37 euros. Tampouco ven a presumir dos recortes que aplicou a Xunta de Galicia no Plan de Mellora de Camiños Municipais e que supuxo que o noso concello recibise 40.000 euros menos que o ano pasado, case un 60% menos que no 2016. Esas verdades non interesa contalas, a pesar de seren importantes tamén, pero non teñen cabida dentro da estratexia política que se marcou a señora Álvarez. Despois virá o señor delegado a Lourenzá a contar que a Xunta é o organismo que máis inviste no noso concello”.
Os gobernantes locais de Lourenzá engaden: “pasamos ao Centro de Día. Hai uns días publicaban nas redes sociais peperas fotos onde aparecían plaquetas rotas na entrada deste edificio. Como non van estar rotas se colocaron unhas plaquetas de cuarto de baño nunha explanada exterior pola que ten que circular o transporte dos usuarios do citado centro. Encima deixáronas sen rematar. A quen se lle puido ocorrer? Tamén é unha obra da Xunta. Poderiamos seguir, pero con isto cremos que xa teñen para empezar. Por certo, tamén sería de agradecer que o PP de Lourenzá e a señora Álvarez Chao intercederan ante a Xunta de Galicia para que nos concedan algunha das subvencións que lles solicitamos desde o goberno local e non facelo só con aqueles concellos da súa mesma cor política”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



