O vindeiro martes, día 28 do actual, a Asociación Cultural “A Pomba do Arco”, enceta a que é tradicción : a “Festa da Palabra”, coa presencia de Manolo Rivas, o prestixoso escritor coruñés que representa a encarnación da literatura galega actual porque él é a literatura feita historia e reflexión: dous compoñentes indispensables para un labor intelectual digno, honesto e, polo tanto, transcendente; “él é a voz emancipadora dos tragos amargos da nosa historia…”.
Non sei se o ter nado no Monte Alto coruñés, condicionou a evolución intelectual de Manolo; pode que sí: no seu entorno déronse episodios, consumados polo poder da barbarie que, se él non os vivíu, por razón de idade, sí tivo fidel información, posto que, nalgunha ocasión, o autor ten decrarado : “o meu primeiro libro foi a memoria da miña nai …”.
O cronista lembra o feito dramático que se producía naquel contorno, na súa adolescencia: a morte a garrote vil, no patio do cárcere da Coruña, do “fuxido” Benigno Andrade, o mítico “Foucellas”; supoño que preto do fogar familiar do escritor. Era o ano 1952; cursando o bacherelato o que suscribe, interno, no colexo dos Maristas da cidade; moitas das tardes de vagar dos xoves, íamos de camiñada por zonas periféricas de Marineda que amosaban valores de diverso índole: paisaxístico, monumental,lexendario,industrial, mariño, etc. Sempre na compaña do profesor que impartía a lección do día, da que “a posteriori” se extraían temas para realizar exercicios de redacción, consolidando o aprendizaxe.
Cando na nosa xeira chegabamos a ollar o lugar onde se consumara o “garrote vil”, con comentarios que non fosen “audibles”, producíanse en nós sensacións de inquedanza, e mesmo nos tremaban as pernas, aínda que a nosa inmadurez e desinformación, non permitían comprender todo o significado do feito luctuoso e traumatizante para a inconsciencia duns adolescentes como éramos nós.
Acaso por eso, e mil razóns mais, as novelas,contos, poemas e artigos dos xornais de Manolo Rivas, falan de emigrantes,fusilados, perseguidos… pero tamén de paxaros que cantan ao mencer, que se agochan silenciosos nas penas onde o mar rompe a terra.
A súa obra literaria é abondosa; moitos dos títulos están traducidos a distintos idiomas e algúns, como é sabido levados as pantallas da televisión e o cine con notorio éxito.
A “Festa da Palabra” difícilmente podería ter mais atractivo comezo.Non o perda,lector amigo.

















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



