Lugo, 2 de novembro de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Lugo, Daniel Piñeiro Villares, presentou este xoves a IV edición do Congreso Galego de Xestión Enerxética Xenergal 2017, que se celebrará os vindeiros días 8 e 9 de novembro no Pazo de San Marcos, organizado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), coa colaboración do Executivo Provincial e do Concello de Lugo. Na presentación tamén participaron o decano do ICOIIG, Oriol Sarmiento, e o Director de Xenergal, Fernando Blanco.
Campos Conde subliñou que “a nosa provincia acollerá a maior cita do sector enerxético en Galicia coa celebración deste Congreso, que contará cun total de 36 relatorios aceptados, ao redor de cinco temas fundamentais como son as enerxías renovables, eficiencia enerxética e mantemento de edificios, iluminación, innovación e xestión transversal da enerxía”.
Piñeiro Villares amosou “o compromiso do Goberno de Lugo co aforro enerxético e coa reducción de emisións de gases de efecto invernadoiro”. Como exemplo, lembrou que “o Concello adxudicou hai uns días as obras para a instalación dunha rede de biomasa en Frigsa, un proxecto por valor de 700.000 euros que consiste na implantación dun sistema non contaminante para a rede de calor da calefacción das instalacións de Frigsa, co fin de mellorar a eficiencia enerxética”.
Nesta liña o edil tamén subliñou as accións que o Concello acometerá a través do Lugo Smart City, financiado nun 80% con fondos FEDER, para avanzar en cidade intelixente e sostible, como a xestión de residuos sólidos urbanos a través de sensores de almacenamento conectados vía GPRs ou 3G nos colectores, a xestión do alumeado público no entorno urbano e rural, con regulación de fluxo lumínico a través de dispostivos de control, ou a xestión de eficiencia enerxética nas dependencias municipais da Casa Consitorial, Centro de Servizos Municipais, as piscinas municipais, o CEI-NODUS e o Centro Social Uxío Novoneyra.
O proxecto financiado con fondos europeos, Lugo+Biodinámico, que lidera o Concello, xunto coa Deputación, a USC e a Politécnica de Madrid, é outro dos proxectos que se desenvolven en Lugo co obxecto de realizar accións de desenvolvemento sostible que contribúan a frear o cambio climático, como o acondicionamento dunha parcela de cultivos para producir biocombustibles, a construcción dun edificio piloto en madeira con consumo enerxético cero, ou o deseño dun catálogo de solucións de deseño urbano para axudar a frear o cambio climático.
Na súa intervención, Oriol Sarmiento reivindicou “o papel dos enxeñeiros industriais na xestión da enerxía, cunhas competencias recoñecidas desde 1935”; pola súa banda Fernando Branco indicou que “a xestión da enerxía é unha necesidade no mundo da empresa e administración pública derivada da necesidade de diminuír as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro e de garantir a seguridade de todas as instalacións tanto en empresas como administracións públicas”.
Máis dun centenar de inscritos
O Congreso articúlase nun total de trece mesas específicas, e contará coa participación de empresas, investigadores universitarios e centros de investigación relacionados co sector da enerxía. O número de asistentes inscritos xa supera o centenar, sendo o punto de referencia dos profesionais do sector.
A relación de relatorios aceptados pódese consultar en http://xenergal.icoiig.es/ponencias-aceptadas/; sendo os autores pertencentes a empresas, grupos de investigación universitarios ou organismos públicos. A organización de Xenergal inclúe a celebración da V Xornada Eólica de Galicia e da segunda edición do Seminario Técnico Galego de Iluminación.
Por parte da organización do mesmo deséxase convidar a asistir a todos os profesionais do sector da enerxía na comunidade autónoma, para o que deben poñerse en contacto coa organización do mesmo en xenergal2017@icoiig.es.
O congreso conta ademais co apoio de catorce institucións, entre as que se atopan colexios profesionais, clusters da enerxía geotermica e das enerxías renovables ou asociacións profesionais como a da construción de Lugo.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



