Cervo, 19 de novembro de 2017.- Este sábado un nutrido grupo de persoas participou no roteiro organizado con motivo do Día Internacional do Patrimonio, para coñecer unha parte importante do patrimonio eclesiástico do concello de Cervo.
A xornada comezou cunha visita á igrexa de Cervo e posteriormente continuou o percorrido polas igrexas de Sargadelos, de Rúa e de Lieiro. Así mesmo, visitáronse as capelas de Santa Eufemia, en Trasbar; a de San Cibrao, no Porto de Arriba e maila de San Caetano, no Guioncho.
A sociación organizadora da actividade, Mariña Patrimonio, quere agradecer a colaboración do Concello de Cervo, así como a interesante achega dos guías, Antón Niñe e Carlos Miranda Trevín, e a dos propietarios das capelas visitadas, Bautista de Trasbar e Emilio Rubiños. Así mesmo, agradecen a colaboración prestada polo párroco de Cervo e a das persoas encargadas da apertura das igrexas.
Esta interesante actividade, que permitiu coñecer mellor unha parte do importante patrimonio relixioso de Cervo, desenvolveuse no marco das diferentes iniciativas levadas a cabo en toda Galicia por varias asociacións integrantes da Rede do Patrimonio Cultural.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



