Lugo, 10 de novembro de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, inaugurou este venres, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o IV Congreso da Sociedade Galega de Nefroloxía que organiza a Sociedade Galega de Nefroloxía (SGAN). Fíxoo xunto ao Concelleiro de Medio Rural de Lugo, Miguel Fernández; ao Xerente EOXI de Lugo, Ramón Ares; ao Presidente da Sociedade Galega de Nefroloxía, Miguel Pérez; e ao Presidente do comité organizador, Jesús Ángel Calviño. O Congreso divídese en dúas xornadas, nas que participarán especialistas e expertos nefrólogos de toda España, que darán conta das últimas novidades en tratamentos, estudos e diagnósticos sobre enfermidades renais. O Executivo Provincial colabora con este evento a través da TIC da Deputación, que gravará todos os relatorios desta edición.
Campos Conde destacou que “é un pracer poder acoller na provincia de Lugo durante dúas xornadas a maior cita nefrolóxica en Galicia coa celebración deste Congreso, que contará cun total de 9 relatorios aceptados, ao redor de temas fundamentais como son a hemodiálise peritoneal, o transplante de ril, casos clínicos, novos tratamentos e diagnósticos”.
O Presidente da Deputación subliñou que “actualmente na provincia de Lugo están afectadas por algún tipo de insuficiencia renal máis de 30.000 persoas, o que supón o 10% da poboación lucense. Con estes datos, dende as administracións públicas temos que traballar da man e investir máis en investigación, prevención e concienciación, por iso dende o Goberno da Deputación colaboramos con ALCER Lugo no transporte de hemodiálise dos doentes de insuficiencia renal, aínda que non temos as competencias directas nesta materia.”
Programación
Venres, 10 de novembro
16:05.- Actualización do rexistro de enfermos renais, por María Encarnación Bouzas Caamaño.
16:25 horas.- Rexistro do acceso vascular e diálises peritoneal. Novas propostas. Pola Doutoras do C.H.U. A Coruña, Ana Rodríguez e Teresa García.
16:45 horas.- Comunicacións orais.
18:30 horas.- Mesa de nefroloxía clínica. Impartida polo Doutor do Centro de Investigacións Biolóxicas de Madrid, Santiago Rodríguez; e Doutor da Fundación Jiménez Díaz, Emilio González Parra.
20:00 horas.- Inauguración oficial.
20:30 horas.- Asemblea da SGAN.
Sábado, 11 de novembro
09:00 horas.- Mesa de hemodiálises, impartida polo Doutor do H.G.U. Gregorio Marañón de Madrid, Alberto Tejedor.
09:45 horas.- Mesa de diálises peritoneal, polo Doutor do H.U. La Paz de Madrid, Rafael Selgas.
10:30 horas.- Casos clínicos de residentes.
11:45 horas.- Mesa de transplante, impartida polo Doutor do Hospital Clínic de Barcelona, Vicente Torregrosa.
12:30 horas.- Comunicacións E-Poster.
14:00 horas.- Conferencia clausura. Qué podemos esperar da nefroloxía para o século XXI. Presidenta da Sociedade Española de Nefroloxía, María Dolores del Pino.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



