Cervo, 1 de novembro de 2017.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Obras, Plácido Pérez, desprazáronse ata a parroquia de San Román, onde, acompañados polo alcalde pedáneo da parroquia, Antonio Vila, e pola representante da Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, Raquel Ferreira, supervisaron os traballos de acondicionamento e asfaltado que se acometeron nunha pista rural en San Róman coñecida como Camiño Souto do Rego.
Foi unha actuación consensuada entre a propia Asociación e o Concello, que se enmarca dentro do Plan de mellora de camiños municipais da Xunta de Galicia.
As obras, que contan cun orzamento de 12.000 euros, consistiron na limpeza de cunetas e canos, e na mellora do firme; que era de zahorra artificial que dificultaba o paso nas épocas de chuvias e que se atopaba nun estado deteriorado, a causa do paso tempo e as inclemencias meteorolóxicas.
O rexedor apuntou que estes traballos van na liña que vimos trazando dende o Concello “para dotar ao noso rural dos maiores servizos posibles, contribuíndo tamén así a vertebrar as nosas parroquias”.
Traballos que se veñen a sumar aos acometidos recentemente noutras pistas na mesma parroquia de San Román e tamén en Rúa, e que suman unha inversión total de 36.000 euros, procedentes da Administración Autonómica.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



