FOZ a 23 de Novembro de 2017. Este pasado martes 21, ven de celebrarse o pleno extraordinario da corporación municipal do Concello de Foz para debater a aprobación definitiva do proxecto de execución da remodelación integral e reordenación do tráfico da Avenida Álvaro Cunqueiro.
“Foz, Plataforma de Futuro” intentou por todos os medios que o proxecto definitivo de execución da remodelación da Avda. Álvaro Cunqueiro, se aprobara como foi redactado polo equipo que fixo o proxecto desta obra.
Despois de comprobar que o proxecto de execución tiña modificacións substanciais que obrigaban a unha nova exposición pública, FPF plantexou unha emenda a proposta do equipo de goberno, que consistía en:
•Unha exposición pública os veciños, como mínimo de 20 días, para que estes o visen e puidesen presentar alegacións, si fose o caso.
•Facer un acto público cos veciños antes de sete días dende o comezo da exposición pública para resolver inquedanzas, e
•Que na comisión de seguimento da obra estivesen todos os portavoces da corporación municipal,
Sen embargo os votos en contra do PP e a abstención do BNG impediron que isto fose adiante. De novo unha alianza mais que facilita o desgoberno e os intereses partidistas e lectoralistas do PP.
Cronoloxía dunha nova obra, que empeza coa improvisación do Alcalde á hora de aprobar o proxecto de execución , imaxínense como vai acabar sendo o final desta obra, despois do visto na Avda. da Mariña.
FPF entende que no novo proxecto que se presenta hai modificacións significativas, e na comisión preparatoria de Pleno así o manifesta, o Alcalde responde nese momento, con arrogancia e actitude chulesca, que non hai modificacións. Que o proxecto é o mesmo que se aprobou anteriormente. MENTIRA
O 16 de novembro solicitamos que se pronuncie o arquitecto municipal. O 17 de novembro o arquitecto municipal emite informe dicindo que que hai modificacións significativas, e di cales son esas modificacións . Polo tanto FPF tiña razón cando dicía que había modificacións significativas no proxecto de execución. O 20 de Novembro o secretario Municipal emite un informe explicando cando se debe facer exposición pública, e nese suposto está o proxecto que o alcalde trae a pleno. Polo tanto para resumir, o proxecto que o alcalde do noso concello trae a pleno para a súa aprobación necesita de exposición pública.
Pero o noso alcalde, o rei da improvisación, vendo que si se aproba o proxecto tal cal está, debe facer unha exposición pública de como mínimo 20 días, recoñece que hai modificacións, despois de habelo negado, decide retirar do proxecto ditas modificacións, as cales foron feitas polos redactores do proxecto porque entendían que eran necesarias para mellorar a Avda. Álvaro Cunqueiro. Entón preguntámonos, ¿Que medo ten o Alcalde de Foz a que os veciños vexan o proxecto e poidan presentar alegacións?, ¿Quen realmente realiza o proxecto desta obra?. Moitas dúbidas e moi importantes.
No proxecto de execución da obra da Avda. da Mariña a oposición non puidemos actuar, os veciños non puideron opinar, e o acto público que se fixo para presentar o proxecto e aclarar dúbidas ós veciños foi un engano ós veciños, e foi feito dende que a obra xa estaba comezada, por todo isto ,”Foz Plataforma de Futuro” expoñíamos neste pleno a posibilidade de cambiar esta dinámica do alcalde, e que os veciños e a oposición puideramos participar nas decisións importantes desta obra, pero os votos en contra do PP, e sorprendentemente, o cambio de posicionamento do BNG, dende o venres pasado que pedía unha nova exposición pública, pasou a absterse, apoiando ó PP na retirada dos cambios significativos e impedindo así que os veciños poidan facer novamente alegacións, impedindo que se faga un acto informativo para explicar ós veciños e veciñas o proxecto, e impedindo que os portavoces da corporación poidan participar na toma de decisións desta obra.
Do sr. Alcalde non nos sorprende o seu comportamento cando as cousas non lle van polo rego que el marca, poñéndose con actitude ameazante e ditatorial, reflexo da súa incompetencia, vendo fantasmas onde só hai defensa dos intereses públicos e dos nosos veciños, agora saca da chistera que estamos en “clave electoral”, ¿non será ese o seu interés?, pero o BNG…., facendo unha montaxe pública de que ten que pensar o voto e pedindo un receso no pleno. Voto que xa traían decidido, contradicíndose do que dixeron publicamente no debate do venres 17 de novembro. PENOSO.
“Foz, Plataforma de Futuro” seguimos pensando que os veciños e veciñas necesitan coñecer o proxecto, necesitan saber como se vai executar a obra, como se vai organizar o tráfico, como vai quedar a obra, e como vai quedar o tráfico despois de acabar a obra, e non tan só en Álvaro Cunqueiro, senón tamén na Avda. da Mariña. Por iso no vindeiro Pleno de finais de mes vamos novamente solicitar que se faga un acto público cos veciños e veciñas para explicar o proxecto e resolver as dúbidas existentes.



















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



