Lugo, 10 de novembro de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, mantiveron este venres un encontro no CentrAD cos catro profesionais que participan no Obradoiro de GIGA e de Rota, que imparte o prestixioso luthier francés, Christian Rault, considerado un dos mellores profesionais do mundo. Este obradoiro está incluído dentro do proxecto de investigación, construción, difusión, interpretación e divulgación de instrumentos medievais para músicos contemporáneos, que ten en marcha a Deputación de Lugo.
Campos Conde fixo un percorrido polo Obradoiro para coñecer de primeira man os avances dos alumnos neste curso, e ao mesmo tempo para trasladarlle a Christian Rault, o agradecemento do Goberno da Deputación na implicación deste taller. “Para nós é un orgullo que un luthier de recoñecido de prestixio se achegue a Lugo para facernos participe da súa formación profesional. Desde o CENTRAD estase levando a cabo un importante traballo de recuperación de instrumentos moi importante, gracias á implicación de profesionais como Rault”.
O Presidente lembrou que esta iniciativa é pioneira, “xa que por primeira vez en España unha administración pública ofrece a profesionais do sector formación gratuíta da man de reputados Luthiers sobre a construción de instrumentos medievais adaptados ao século XXI. É dicir, non se realizarán réplicas, senón innovadoras e punteiras pezas, facilmente tocables por músicos contemporáneos”.
Nese senso poderanse construír grazas ao traballo previo de investigación, enmarcado na primeira fase deste proxecto, que realizaron os propios mestres artesáns do CentrAD da Deputación de Lugo.
Programación
Son 5 prazas por obradoiro, que se desenvolveranse nas instalacións do CentrAD na capital luguesa. Os proxectos estarán coordinados por Luciano Pérez, mestre artesán do CentrAD.
1.- Obradoiro de GIGA e de Rota. Terá lugar do 30 de outubro a 11 de novembro. O titor é Christian Rault.
2.- Obradoiro de viola oval con arco. Do 27 de novembro ao 2 de decembro. Impartido por Xermán Arias.
3.- Obradoiro de Cítola. Do 27 de novembro ao 2 de decembro. Impartido por Antonio Franco Carreira.
4.- Obradoiro de viola oval (II). Do 15 ao 27 de novembro. Impartido por Antonio Franco Carreira.
5.- Obradoiro de Zanfona. Do 11 de febreiro ao 2 de marzo. Impartido por Antonio Franco Carreira.
6.- Obradoiro de Salteiro. Tamén terá lugar en febreiro e marzo. Os titores serán Carlos Paniagua e Begoña Olavide.
Artesáns nacionais e internacionais
O cadro de profesionais que impartirán os obradoiros de construción está composto por artesáns e Luthiers de grande recoñecemento no sector e cunha ampla traxectoria no eido da recuperación de instrumentos musicais medievais. Estes son:
Christian Rault. Diplomado en escultura do ENSAD de París, Christian Rault foi formado a lutheria clásica italiana por Giobatta Morassi na escola de Cremona. Desde a súa instalación en Francia en 1978, especializouse en restauración de instrumentos dos séculos XVII e XVIII antes de dedicarse á súa construción. Ao constatar que os instrumentos usados polos músicos non correspondían ás realidades descritas polos textos, as iluminacións, pinturas e esculturas; Christian Rault iniciou as investigacións en organoloxía. Dá cursos e conferencias en Europa. É organizador de encontros e exposicións internacionais en relación a organoloxía. Participou en proxectos científicos de reconstitución dos instrumentos de Santiago Compostela, Puivert, Lugo, Royaumont e Chartres. Membro do ALADFI, da asociación Luthiers sans Frontières e secretario de proLyra: Labororatorio francés de arqueoloxía musical.
Antonio Franco ofrecerá os talleres de cítola, otro de viola oval e de zanfoña. Mestre e director do Obradoiro de instrumentos ó que se incorporou como alumno en 1986. Durante estes anos constrúe e participa na producción de zanfonas, gaitas e instrumentos de percusión, ten unha colaboración activa nos proxectos desenvolvidos tanto de construcción como na formación de artesáns.
Francisco Luengo. Dende o 1979, dedicouse ao estudo da interpretación con instrumentos e técnicas orixinais dos diversos estilos musicais anteriores ao século XIX. Comezou en 1981 a aprendizaxe de viola da gamba baixo a dirección de José Vázquez, ingresando en 1988 na “Hochschule für Musik” de Viena. Funda con Fernando López Pan e Miro Moreira e dirixe dende a súa creación a Capela Compostelá, grupo especializado na interpretación da música renacentista e barroca, que presta especial atención á recuperación e difusión da música española destes períodos. Neste terreo, Capela Compostelá publicou dous discos compactos, dedicados integramente á obra de José de Vaquedano (1642-1711), un dos principais compositores españois do século XVII, que foi “Mestre de Capela” da Catedral de Santiago de Compostela. Foi un dos seis construtores escollidos para participar no proxecto da reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria, patrocinado pola Fundación Barrié da Maza, desenvolvido entre os anos 89-92. Formou parte do equipo de especialistas do “Proxecto de reconstrución dos instrumentos do Pazo de Xelmírez”, emprendido pola Deputación de Lugo no período 93-94. Colabora con diversos grupos de música antiga, realizando concertos e xiras por Europa, América, África e Asia, gravacións discográficas e programas para radio e televisión de diversos países.
Xermán Arias. Nado en Barbadelo (Sarria), comezou a súa formación no taller de instrumentos musicais da Deputación de Lugo en 1986, baixo a dirección de Xesús e Luciano Pérez. No ano 1994, fundou o seu primeiro taller. Finalizados os seus estudos, viaxou a Francia para traballar co luthier Christian Rault.
Carlos Paniagua. Estudou na escola técnica superior de arquitectura de Madrid. Construtor de instrumentos de corda antigos, históricos, étnicos e tradicionais. Especializado na reparación de instrumentos de corda. É investigador e recopilador de iconografía de instrumentos antigos.
Begoña Olavide. Titulada en frauta no Conservatorio de Música de Madrid. Realizou cursos de especialización en Holanda, Iugoslavia e Marrocos en canto canon e teoría da música andalusí-magrebí. Colaborou con orquestras nacionais e internacionais, conseguindo prestixio e recoñecemento. Begoña Olavide está entre os primeiros profesionais que recuperaron a música do salterio. Puxo música a numerosas obras de teatro, cine e documentais.
Luciano Pérez. Aos 13 anos alternou os seus estudos coa aprendizaxe da construción de instrumentos musicais á beira do seu avó Paulino Pérez. Estudou no conservatorio de Lugo cos profesores Antón Curral, Christian Rault e Claude Flagel. As súas inquietudes involúcrano en distintas actividades musicais con Miro Casavella e co grupo Doa. Toda a súa vida profesional desenvólvese no taller da Deputación de Lugo, que serviu de rampla de lanzamento a un considerable número de artesáns e onde levou a cabo numerosos e importantes proxectos multidisciplinares. Realizou o estudo e reconstrución de 7 instrumentos musicais de acordo aos debuxos de Leonardo dá Vinci para a mostra “Leonardo e a Música”.























López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



