O señor tomaba un café alo por as dez da maña de un dia gris no bar de sempre mentras folleaba o periódico…e levantando a vista e dirixindose a min dixo: “Si hai unha peculiaridade propia do carácter galego esta é a paciencia. A capacidade de aguante e sacrificio unidos ao conformismo e a imperturbabilidad leváronnos a donde estamos, é dicir a ningunha parte”.
O pasado Sabado fun a Mondoñedo e como en en moitos dos pequenos pobos dunha terra que afasta aos seus fillos do seu lado, que merma ano tras ano, que fai eco cando a voz levántase apenas do rumoreo. Nunha terra que camiña cara atrás sen esperanza, onde os comercios pechan, e os bares, e as oficinas bancarias, e a maleza pecha os camiños xunto ao río porque ninguén pasa. Todo se vai reducindo como nun conto macabro.
Máis o peor de todo é a certeza dun futuro inexistente. Terra de incrédulos, ou descreídos, de pacentes labiegos sempre esperando a que chova o pan do ceo e negando, ou talvez temendo a posibilidade de que seica non caia nin auga nin pan. A nosa mentalidad non cambiou.
A moitos galegos pegáronselles as sabas, sumidos en choros e resignacion non andivemos listos nin agudos para defender o noso. Desde a solana os vellos apoiados nas súas cachas estiveron observando en introvertido silencio e cerimoniosa parsimonia como os vehículos de motor foron afastando a savia nova dos seus pobos. Ante o desolador panorama que se aveciñaba, os pais de fronte engurrada alentaron aos seus fillos para que buscasen outra vida menos sacrificada. As nais de mans duras e deformadas aleccionaban ás súas fillas mentres cavando o horto ou lavando a roupa a man, cantábanlles as vantaxes de ser señoritas de tacón e media fina na cidade asfaltada. E como xunto á escaseza tamén crece a mezquindad defensiva, a intolerancia e a meticonería, pois resultou que a falta de liberdade persoal, individual e social serviron para cociñar o caldo de cultivo do soño da fuxida.
Os nosos pequenos pobos morren sen remedio. Os ollos xa acuosos dos avós fai tempo que o adiviñaron, pero como bos supervivientes do seu medio, adiestrados duramente no recato, xamais ousaron verbalizarlo baixo risco de ser acusados de traidores ou de augures nefastos. En moitos pobos non hai pícaros, nalgúns poida que haxa un ou dous, para que non se esqueza a evolución da especie. Os demais veciños adoitan recordar punto por punto cando naceu o último habitante.


















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



