Lugo, 19 de decembro de 2017. O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presidiu este martes as reunións dos órganos de participación e reitor da Reserva da Biosfera de Terras do Miño, nas que se deu conta das actuacións levadas cabo polo Goberno Provincial neste territorio recoñecido pola UNESCO durante esta anualidade. O organismo provincial, como xestor deste espazo, ten a responsabilidade dalo a coñecer e de promover o seu aproveitamento sostible, favorecendo a relación dos cidadáns co este entorno, que ten unha extensión superior ás 363.000 hectáreas, que discorren por 26 Concellos. Durante este ano, puxo en marcha máis de 100 actividades de posta en valor e desenvolvemento sostible de Terras do Miño, que chegaron a máis de 30.000 persoas.
Foron actividades moi variadas, entre as que destaca, por exemplo, a cuarta edición do Campus de Empredemento Sostible, co que se ofreceu gratis formación e asesoramento a veciños dispostos a abrir os seus propios negocios en zonas da Reserva. 80 lucenses participaron nesta programación que fomenta o emprego verde.
Celebráronse xornadas informativas sobre asuntos medioambientais que atinxen a este espazo, como o debate sobre o eucalipto, no que uns 20 expertos, investigadores, ecoloxistas, representantes do sector da madeira, e mesmo Concellos, expuxeron as distintas sensibilidades sobre as prácticas forestais na zona. Foi un foro aberto á cidadanía con éxito de asistentes.
Outro dos proxectos estrea do 2017 foi o Life in Commond, que se iniciou logo de captar dende a Deputación 1,4 millóns de euros da Unión Europea. Estase a desenvolver coa colaboración da USC e UDC e coa participación activa de todos os montes en man común existen na Serra do Xistral. Conxuntamente, estanse a definir as prácticas de desenvolvemento sostible. Pola aplicación con éxito das mesmas, concederanse retribucións, como xa se fai noutros países europeos como Francia, sendo a primeira vez que unha institución fai isto en España.
Concienciando dende nenos
A maiores, leváronse ducias de actividades medioambientais, tamén gratuítas e dirixidas a persoas de todas as idades, para sensibilizar e divulgar a riqueza natural de Terras do Miño e pór en coñecemento prácticas de desenvolvemento e aproveitamento sostible. Por exemplo, milleiros de rapaces de entre 8 e 16 anos de toda a provincia participaron nas Semanas da Árbore e da Auga, así como na do Medio Ambiente. Actualmente, estase a programar a celebración de novos xornadas divulgativas abertas aos centros escolares dos 67 Concellos. Ademais, mañá mesmo abrirá a solicitude das 465 prazas para as novas actividades medioambiental do primeiro trimestre do 2018. Este ano, participaron nas mesmas máis de 2.000 lucenses, uns 500 máis que no 2016.
Participación activa
Nas reunións de hoxe, xunto a Fernández Queipo, participaron representantes dos 26 Concellos lucenses de Terras do Miño, das 13 organizacións agrarias, de monte en man común, ecoloxistas, de turismo rural ou de defensa do patrimonio. Trátanse dos representantes aos que o Goberno da Deputación quixo abrir o órgano da Reserva para facelo participativo na procura dun maior éxito na xestión sostible do mesmo.
Terras do Miño
A Reserva da Biosfera Terras do Miño foi a primeira que a UNESCO declarou en Galicia, no ano 2002, e é a máis grande da comunidade autónoma, así como a segunda da Península Ibérica. Ocupa 363.668 hectáreas, o que supón o 39% do territorio da provincia. Neste espazo natural, están incluídos 26 Concellos da Cunca Alta do Miño, pertencentes á súa vez a 7 comarcas lucenses: Ourol; O Valadouro; Muras; Alfoz; Mondoñedo; Abadín; Xermade; Vilalba; A Pastoriza; Riotorto; Guitiriz; Cospeito; Meira; Begonte; Rábade; Castro de Rei; Outeiro de Rei; Pol; Lugo; Friol; Castroverde; Guntín; O Corgo; Baralla, O Páramo e Láncara.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



