Ribadeo, 19 de decembro de 2017. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena o sábado 30 de decembro ás 21:00 horas no Cine Teatro. O director da banda, David Ballester, subliña que será unha actuación especial porque estarán moitos músicos que traballan ou estudan fóra de Ribadeo e volven polo Nadal á vila polo que contarán con máis compoñentes do que é habitual.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo anunciou hoxe que “coas datas do Nadal chega o típico concerto Aquí como en Viena, da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Este ano terá lugar o sábado 30 de decembro, ás nove da noite no Teatro”.
David Ballester comenta que “é un concerto especial tanto polas datas nas que nos atopamos, xa que imos poder aproveitar todos estes músicos que temos traballando ou estudando fóra de Ribadeo co cal a plantilla da Banda ampliarase un pouco, e tamén porque é o último concerto do ano do 25 aniversario da Banda”.
O director da Banda explica que “o concerto estará dividido en dúas partes: a primeira un pouco máis informal, que estará dedicada á música dos anos 60 e 70, con obras de músicos ou cantantes como Raphael, Mocedades e algún remix. A segunda parte estará dedicada, como sempre, a Viena, con polkas e valses. Este ano o concerto estará baixo dúas batutas: a de Rubén Solloso, que é o noso segundo director, e máis eu”.
Ballester salienta que “como sempre pasa neste concerto, pode xurdir algunha que outra sorpresa que esperemos que sexa do agrado de todos os que nos veñan ver e escoitar”. E rematou invitando a “toda a xente que estea por Ribadeo o sábado 30 a que se achegue ás nove da noite ao Cine Teatro”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



