Lugo, 18 de decembro de 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, avanzou este luns as colaboracións dende a Deputación e a TIC cos novos traballos do director Oliver Laxe para promover os Ancares e contribuír á formación dos alumnos da Escola de Imaxe e Son. Campos Conde explicou que estas colaboracións favorecen que Navia de Suarna sexa a principal localización de Aquilo que arde, a vindeira película do cineasta; que Oliver Laxe rode un vídeo promocional sobre a Reserva dos Ancares Lucenses e que ofreza un ciclo de conferencias e clases maxistrais aos estudantes da EIS.
O titular provincial fixo este anuncio nunha visita a Navia de Suarna, na que estivo acompañado polo Alcalde deste municipio, José Fernández, o director Oliver Laxe e a produtora-executiva de Miramemira, Andrea Vázquez. Campos Conde salientou que “queremos formar parte desta produción cinematográfica porque é unha oportunidade para a economía, o emprego e a promoción turística, especialmente dos Ancares, pero tamén doutras localidades da nosa provincia, que non debemos desaproveitar. O filme, que se rodará no noso idioma, posúe un especial valor cultural e social, e fomenta o tecido industrial do sector audiovisual galego”.
“A rodaxe está prevista entre os meses de febreiro e agosto en diferentes localizacións do territorio lugués, especialmente en Navia de Suarna, pero tamén en Monterroso, Monforte, Viveiro, Becerreá, Cervantes e Lugo, contribuíndo á promoción da nosa provincia. Aquilo que arde é unha proxecto con proxección internacional dirixido por un cineasta gañador de prestixiosos premios, entre eles, dous no Festival de Cannes, algo reservado a moi poucos directores no mundo, e temos a sorte de que elixa a nosa provincia para rodar a súa vindeira película grazas a súa estreita relación familiar e afectiva cos Ancares”, remarcou o Presidente.
Revulsivo para a economía e proxección de Navia de Suarna
A colaboración da Deputación permite ao Concello asumir a metade dos 43.000 euros dos custos de aloxamento, manutención e transporte do equipo de rodaxe. Campos Conde destacou que “o desenvolvemento desta rodaxe suporá un revulsivo para a economía local do municipio, así como para a súa promoción. As producións cinematográficas deste nivel son unha ferramenta con efecto dominó na economía, pois creo que existe un turismo cinematográfico que, en moitas ocasións, non sabemos valorar”. Neste senso, O Alcalde explicou que “o casting de actores e figurantes que participarán na película, dirixido persoalmente por Laxe, atraeu xa ao noso Concello a numerosos aspirantes a actores e actrices procedentes de toda Galicia e das provincias limítrofes das comunidades de Asturias e León. Este é un claro exemplo do poder de convocatoria deste cineasta de culto, que supuxo un estímulo para a economía local”.
Oliver Laxe arranca mañá o ciclo de conferencia
Campos Conde e a produtora executiva de Miramemira Andrea Vázquez asinaron hoxe o convenio de colaboración coa TIC para favorecer a experiencia formativa dos alumnos e titulados da Escola de Imaxe a Son. O máximo responsable provincial adiantou que “mañá mesmo arranca, con Oliver Laxe, un ciclo de conferencias e clases maxistrais sobre cine de autor, que continuará con charlas doutros profesionais de Aquilo que arde. Os estudantes terán a oportunidade de estar en contacto directo coa industria audiovisual e con profesionais de prestixio que poden ser a súa mellor tarxeta de presentación de cara a súa inserción laboral”.
Vídeo promocional dos Ancares
O Presidente adiantou que “Oliver Laxe rodará un vídeo promocional da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, unha das nosas xoias naturais e etnográficas máis prezadas”. Campos Conde destacou que “o compromiso de Oliver Laxe para contribuír a revivificar os Ancares non remata aquí, pois entre os seus proxectos está o de xerar en Navia de Suarna unha escola de cinema e unha cooperativa de agricultura ecolóxica. Moitas grazas pola súa implicación coa nosa provincia”.























Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



