Mondoñedo 19-12-17. A partir das 20:30 horas, logo do concerto que ofrecerá tamén no Auditorio Municipal o Coro Xuvenil do Colexio Sagrado Corazón de Xesús de Ribadeo, gracias ao Hospital de San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo.
O Concerto de Nadal da Escola de Música terá carácter solidario, gracias á colaboración da AMPA da Escola de Música, que recollerá durante toda a tarde, xoguetes e material escolar (novo ou usado pero en bo estado) para ser distribuído ás familias máis desfavorecidas de Mondoñedo.
Dende a Concellería de Educación, Xuventude e Novas Tecnoloxías, da cal depende a Escola Municipal de Música, anima a todxs xs veciñxs a colaborar nesta iniciativa solidaria e a participar como espectadores deste tradicional concerto que nos ofrecen xs alumnxs da nosa Escola de Música.
Programación de nadal desta semana:
XOVES 21 DE DECEMBRO:
18:30 H: ACTUACIÓN DO CORO XUVENIL DO COLEXIO SAGRADO CORAZÓN DE RIBADEO. AUDITORIO MUNICIPAL “PASCUAL VEIGA”. ORGANIZA HOSPITAL SAN PABLO E SAN LÁZARO DE MONDOÑEDO.
20:30 H: FESTIVAL DE NADAL DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA “O PALLAREGO”.
VENRES 22 DE DECEMBRO:
16:00 H: OBRADOIRO DE POSTAIS DE NADAL “DENDE MONDOÑEDO CON AMOR” OFRECIDO POR “ESTUDIO ESTAMPA”.
DÍAS 22, 26, 27, 28 E 29 DE DECEMBRO E 2, 3, 4 E 5 DE XANEIRO:
ACTIVIDADES NA LUDOTECA: TALLER DE MANUALIDADES, GLOBOFLEXIA, XOGOS DE MESA, XOGOS MUSICAIS, CONTACONTOS, PINTACARAS, BÚSQUEDA DO TESOURO…
DÍAS 22, 23, 26, 27, 28, 29, 30 DE DECEMBRO E 2, 3, 4, 10 E 11 DE XANEIRO
DE 17 A 23 H: CURSO MONITOR DE FÚTBOL SALA. ORGANIZA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALA.
SÁBADO 23 DE DECEMBRO:
DENDE AS 16H: PAPANOELADA MOTERA. ORAGANIZA MOTOCLUBE N634. PRAZA DO CONCELLO
17 H: ENTREGA DE PREMIOS II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “O MEU RECUNCHO DE MONDOÑEDO” E PRESENTACIÓN OFICIAL DO CALENDARIO MUNICIPAL 2018
DÍAS 26, 27 DE DECEMBRO E 2, 3 DE XANEIRO:
DE 17 A 18 H: OBRADOIRO “EMBÁRRATE CON NÓS” (ACTIVIDADE PARA NEN@S A PARTIR DE 3 ANOS). PREZO 10 EUROS. MÁIS INFORMACIÓN: 652328194 / 678934025.
MARTES 26 DE DECEMBRO:
DE 16 A 20 H: OBRADOIRO: DECO REIS, “DECORA COS TEUS DESEÑOS” OFRECIDO POR ESTUDIO ESTAMPA. PAVILLÓN MUNICIPAL, NO INTERIOR DE INFANTIPARK.
DÍAS 26, 27, 28, 29 E 30 DE DECEMBRO:
INFANTIPARK. ATRACCIÓNS HINCHABLES DE 10 TIPOS DIFERENTES PARA NEN@S DE TODAS AS IDADES. PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES. PREZOS 4 E 5 EUROS. HORARIOS DE MAÑÁ: DE 11 A 14 HORAS. HORARIO DE TARDE: DE 16:30 A 20:30 HORAS.
DÍAS 26, 27, 28, 29 DE DECEMBRO E 2 E 3 DE XANEIRO:
CURSO DE INICIACIÓN AO XADREZ. OFRECIDO POR ASOC. SENDEIRIÑA.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



