Lugo, 7 de decembro de 2017. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto; e a Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira; e a Representante de ANADE en Galicia, Ángeles Fernández Maira; presentaron este xoves o VIII Premio Integración social 2017 que outorga a Fundación ANADE á Rede Museística da Deputación, pola súa labor a prol da integración e plena inclusión social que desempeña nos 4 museos da provincia. A gala de entrega de premios terá lugar o vindeiro 16 de decembro no Círculo das Artes da capital. Este galardón forma parte dos 5 recoñecementos que recibiu no último mes a Rede Museística pola súa importante labor social.
García Porto subliñou que “neste sentido, a Rede Museística da Deputación é un exemplo de implicación e colaboración cos diferentes colectivos de persoas con capacidades diferentes, así como un modelo de accesibilidade a todos os cidadáns en Galicia. Este novo recoñecemento da Fundación Anade é froito de todo o esforzo e labor que desempeñamos dende o Executivo Provincial, neste caso, a través da Rede Museística, pois a nosa filosofía de traballo está encamiñada en ser unha Deputación social e comprometida coas persoas”
A Deputada de Cultura destacou que “somos a única institución a nivel nacional que traballa co modelo da sociomuseoloxía. Este modelo de xestión pioneiro busca converter o museo nun elemento de dinamización e cohesión social, unha institución en permanente interacción, non só cos seus visitantes, senón tamén con todos os actores da sociedade, coproducindo con eles novas actuacións dirixidas á procura dun futuro máis sostible”.
García Porto explicou que os 5 recoñecementos que recibiu o Goberno da Deputación pola súa defensa dos dereitos das persoas son: Fundación Anade, pola integración social 2017, por todos os proxectos en defensa da plena inclusión; foron incluídos no Banco Galego de Boas Prácticas en Xestión Cultural polo plan de inclusión que temos en marcha na Rede Museística; o proxecto Nos+utrxs en Rede recibiu a mención de honra no Premio Iberoamericano de Educación e Museos, polo seu papel en prol da igualdade de xénero; así mesmo, o proxecto Guerrilla de palabras: o oficio de palabreiro é unha das dúas iniciativas internacionais seleccionadas por Ibermuseos para desenvolver no próximo ano; e, finalmente, o MINOM recoñeceu a labor social da Deputación elixíndoa a nivel mundial para custodiar o seu arquivo documental.
“Estas políticas sociais que lidera e promove o Presidente da Deputación non só se levan a cabo dende o departamento de Benestar, pois dende distintas áreas como Emprego, Cultura, Deporte ou Turismo traballamos para a integración de calquera colectivo en risco de exclusión social e laboral”, apuntou a Deputada.
Ana González Abelleira recoñeceu a labor do Goberno Provincial por facer a provincia “máis integradora” e agradece a labor de ANADE “que nos permite coñecer dende as administración públicas a enorme labor social que desempeñades na provincia, co fin de conseguir unha plena integración”.
Colaboracións co colectivo
O Executivo Provincial colabora coa Fundación ANADE cunha achega económica de 1.000 euros para a celebración de cursos de formación de teatro durante todo o ano e a través da programación Buxiganga Teatro. O Concello de Lugo cede o espazo do Centro Sociocultural de Fingoi para o desenvolvemento destes obradoiros. En total son 14 veciños da provincia con algún tipo de discapacidade ou enfermidade mental os que participan nestes cursos de artes escénicas impartido por monitores e profesionais da interpretación. Nel realizan exercicios de axilidade, movemento, confección de roupa ou de voz, entre outros moitos.
Fundación Anade
A Fundación Anade é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a integración social e laboral das persoas con discapacidade ou enfermidade mental. Promove e realiza actividades encamiñadas a este fin, a través da arte e a creatividade. A arte e a creatividade é o medio máis eficaz para que este colectivo desenvólvase integramente como persoas e expresen as súas opinións sobre a sociedade na que viven. A través destas actividades e proxectos informan á sociedade e fomentan un mellor coñecemento e intercambio de experiencias entre as diferentes persoas e colectivos que integran a comunidade.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



