A Mariña 7-12-17. A Mariña Benxamín de Fútbol Sala Base proclamouse onte campioa no Torneo Amigable de Seleccións de Lugo disputado en Begonte. O combinado de David Riveira e Jesús Ares venceu na primeira semifinal a Lugo Sur/Montaña por 11-1 e na final a Lugo por 5-0.
A Terrá Chá rematou na terceira praza e Lugo Sur/Montaña na cuarta.
A Campionato Galego de Seleccións Provinciais está previsto para comezos de xaneiro, con sede aínda pendente de confirmación.
