Na Librería Bahía imos celebrar o Nadal este domingo día 17 ás doce da mañá cunha sesión de FAMILIAS QUE CONTAN. Nesta ocasión serán Marietta Tornamira e o seu fillo Luis Carballada quenes nos traerán O CONTO DE NADAL de Charles Dickens. Marietta e Luis prepararon unha versión infantil deste clásico de Dickens para achegalo ás pícaras e os pícaros máis pequenos. FAMILIAS QUE CONTAN é unha iniciativa da Librería Bahía que está tendo unha gran acollida tanto de participantes coma de público, na que son as propias familias as que preparan –xunto coa libreira- unha sesión de contos aberta para todos os que queiran a chegarse á librería e participar dela.
