Ata as súas oficinas, situadas no edificio do Cenima, se achegaron esta mañá algúns dos premiados. Foi o caso de Fina González e Rodolfo Otero, que recolleron os 100 euros en vales de compra, que lle tocaron a cada un e que poderán gastar ata o vindeiro 6 de xaneiro. O Centro Comercial Aberto focense destinou a premios na Campaña de Nadal 1.000 euros, que foron sorteados na xornada de onte. Desde o CCA animan “a todo o mundo a facer as súas compras de Reis no comercio local” e desexan a clientes e asociad@s un feliz aninovo.
