A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña comunica que, según información ás que tivemos acceso, o Proxecto de Modificación da lei 8/ 2008 de saúde de Galicia non figura na orde do día do último pleno do ano a menos que se trate de urxencia ,o que é altamente improbable. Como a actividade parlamentaria se reanuda a partir do 15 de xaneiro de 2018 ,hai unha marxe de tempo que nos permite atrasar a última etapa da Caravana Pola SAnidade Pública que iba celebrarse o vindeiro 23 de decembro. A nova data será , case con todo seguridade o sábado 13 de xaneiro do 2018, á mesma hora e cos mesmos percorridos, so variando a data.
Comunicado de prensa da Plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña
Comunicado de prensa da Plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña
Relacionado
-
Charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Burela
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia