Comeza cun cóctel de benvida e a continuación serviranse tres aperitivos: volován de mousse de salmón mariñado e queixo mascarpone; salpicón de bogavante, centolo e boi de mar en folla de endivia; e tosta de pan de pobo con compota de mazá, cecina de León e lascas de queixo curado. O menú continúa con crema de nécoras, medallón de rape recheo de marisco con picada de lagostinos, solombo de porco ibérico albardado con reducción de viño mencía e millfollas de verduras. A sobremesa será pastel e xeado, de elaboración propia, ademais de doces de nadal e uvas da sorte. Os viños elexidos son tinto Rioja Reserva Luis Cañas e branco Albariño Gran Fabián. Tamén inclúe auga mineral, copa de cava, café e licores. O prezo por persoa é de 60 euros e para ese día O Hotel O Cabazo ofrece un paquete que inclúe a cea, habitación e almorzo por 90 euros persoa.