ALFOZ,15 de decembro de 2017.- Daniel Rejes Trobo asumiu este venres a presidencia de Novas Xeracións de Alfoz. Foi no transcurso dunha xuntanza, que estivo presidida pola presidenta provincial, Elena Candia; o secretario xeral do PP provincial, Carlos Armesto; e a presidenta da agrupación xuvenil na provincia, Rosa Arza; e na que tamén participaron outros cargos orgánicos do Partido e da comarca, como o coordinador do Partido en A Mariña, José Manuel Balseiro.
O novo dirixente ten 21 anos e é estudante de Historia. Xunto a el, integran a executiva local os seguintes mozos: Iván Fernández, secretario Xeral; e vogais: Alejandro Pozuelo, Lara García e Rocío Fernández.
Deste xeito, co “paso á fronte” que deu no día de hoxe Rejes Trobo, tal e como subliñou a presidenta provincial, “por primeira vez, o PP de Alfoz conta con representación de Novas Xeracións”; unha circunstancia, indicou, “que non é menor, pois iso significa que os mozos deste municipio se senten identificados coa nosa formación”, a diferenza do que está acontecer cos dirixentes locais, segundo apuntou Juanjo Fraga.
“Desencanto manifesto”
A este respecto, o voceiro do PP destacou que esta agrupación xurde “do desencanto manifesto” que están a xerar membros do Goberno local, entre os que se atopa o concelleiro de Desenvolvemento Local, pois “estes si que se esmeran en moita propaganda, pero non son capaces nin é capaz de enganchar aos mozos e mozas deste municipio”. Por este motivo, Fraga non dubidou en recoñecer que a nova agrupación “si que dará resposta ás necesidades dos xoves de Alfoz, suplindo así as eivas dos dirixentes do Concello”.
“Estamos para sumar”
Precisamente, implicar aos rapaces do municipio na vida e acción política do PP é un dos principais obxectivos que se fixa o novo presidente. “Asumimos e asumo esta responsabilidade convencidos de que temos que ser unha parte activa na dinamización do noso pobo”. Por iso, salientou, “colaboraremos con Novas Xeracións da provincia e de Galicia para sumar no que faga falla, e conseguir que en 2019 este Concello estea gobernado polo Partido Popular;” o que permitirá, dixo, “sacalo da parálise na que está sumido coa acción dos dirixentes actuais”.
Renovación constante
A constitución da agrupación de Alfoz enmárcase dentro do compromiso da dirección provincial xuvenil de renovar e aumentar a presenza do Partido na provincia. A súa presidenta, Rosa Arza, destacou “que estamos a traballar para seguir sumando máis caras novas”, e lembrou que Lugo, Triacastela e Sarria son as outras tres organizacións que tamén foron renovadas e contituídas recentemente.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



