A MARIÑA, 19 de decembro de 2017.- O deputado autonómico, Daniel Vega, interésase sobre as melloras que ten experimentado o hospital da Mariña dende a entrada en funcionamento do sistema de Estruturas de Xestión Integrada (EOXI). Será a través da pregunta que formulará mañá na correspondente sesión do Parlamento de Galicia.
A área integrada Lugo, Cervo e Monforte proporciona asistencia para a mellora da saúde da súa poboación, onde a docencia e a investigación se constitúen como medios tecnolóxicos, de información e comunicación, que utiliza con eficiencia, efectividade, seguridade e eficacia co fin de contribuír ao benestar da sociedade. Con todo, o popular quere coñecer as actuacións concretas que se levaron o se están a levar a cabo neste centro hospitalario ao abeiro do novo sistema, demostrándose así que o PP “é o primeiro Partido preocupado e esixente con que se garanta unha Sanidade axeitada e de calidade aos mariñanos”.
“O compromiso do Goberno galego coa Sanidade da Mariña é un feito constatable. Todos os veciños podemos comprobar como se están a realizar melloras no hospital. Nembargantes, cremos convinte que a administración autonómica nos precise en que se traduce esta xestión, co obxectivo de que os mariñanos saibamos todas e cada unha das melloras executadas”, precisa Vega.
A EOXI integra Atención Especializada, rede de Atención Primaria, outras institucións e centros implicados coa saúde, establecendo alianzas que garantan a continuidade asistencial e a mellora global do sistema. Polo tanto, “o que pretendemos saber a través desta pregunta as medidas do Goberno galego para achegar o maior número de servizos sanitarios posibles aos cidadáns”; medidas, indica, “que estou convencido, serán un exemplo máis da determinación da Xunta de potenciar o noso hospital, dotándoo de máis servizos e converténdoo nun centro máis moderno.
A finalidade desta iniciativa é, por tanto, coñecer en profundidade que prestacións sanitarias se levaron a cabo para que o doente reciba o mellor servizo o máis próximo posible ao seu





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



