O pasado domingo, día 3 de decembro, o Grupo Teatral O Centiño de San Martiño organizou unha función teatral na área recreativa de Ferreiravella, en San Martiño, co fin de recadar fondos para Cáritas. En dita función representouse a obra “A panxoliña máis fermosa”, a cargo do Grupo Humorístico Trípode e Amigos. A recadación ascendeu a algo máis de 200 euros
