Lugo, 27 de decembro de 2017. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, e o Presidente do Porta XI CB Ensino, Manuel Durán Ónega, presentaron este mércores no Pazo dos Deportes as actividades de Nadal que organiza o club de baloncesto lucense e coas que colaboran o Goberno da Deputación e do Concello de Lugo. Máis de 250 rapaces participarán nestas actividades que terán lugar nas instalacións do Pazo e inclúen: un campamento urbano para nenos e nenas de 3 a 7 anos; xornadas de tecnificación para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos; un torneo de baloncesto no que participarán 16 equipos femininos, os días 29 e 30 de decembro; e un torneo 3×3 para pequenos e maiores que terá lugar o día 2 de xaneiro no Pazo.
O Goberno da Deputación achega 75.700 euros ao CB Ensino para sufragar os gastos da tempada e a organización destas actividades, así como a promoción do deporte feminino, pois o club é un claro exemplo de igualdade no ámbito deportivo. O Ensino está moi preto de cumprir catro décadas formando a numerosas promocións de xogadoras da provincia e manténdose durante este tempo na elite do deporte.
Rivera Capón subliñou que “colaboramos co Ensino na organización destas actividades para que continúe coa súa labor de fomento e promoción da actividade física e deportiva entre os máis pequenos durante as vacacións de Nadal, ofrecendo diferentes actividades deportivas, manuais, de entretemento e lecer, que lles permitan continuar realizando deporte e practicando baloncesto durante estas datas festivas. Ademais, facilitamos a conciliación da vida laboral e familiar a todos aqueles pais e nais que polas súas obrigacións teñan dificultade para atender aos seus fillos neste período de vacacións escolares en horario de mañá”.
Actividades para todas as idades
– NADAL ACTIVO: campamento urbano de mañá de 9 a 2 pero totalmente flexible con actividades culturais e deportivas para nenos e nenas de 3 a 7 anos. Dúas quendas do 22 ao 29 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro con posibilidade de días soltos.
– XORNADAS DE TECNIFICACIÓN EN BALONCESTO: adestramentos de baloncesto para nenos e nenas entre os 8 e 14 anos. Unha única quenda do 26 ao 29 de Decembro. Invitados relacionados co mundo do baloncesto e adestradores do club.
– X TORNEO FEMININO DE NADAL: Décima edición do torneo feminino de baloncesto que terá lugar os días 29 e 30 de decembro e no que se participan un total de 16 equipos e unhas 200 rapazas nas instalacións do Pazo provincial e anexos, celebrándose un total de 25 partidos. Haberá premios aos dous primeiros clasificados e premios individuais á MVP por categoría e ao mellor quinteto. Competirán clubs de León, Ponferrada, Vigo, Ferrol e Lugo.
– 3X3 DE ANO NOVO. Actividade de baloncesto recreativo para rapaces e rapazas de 12 a 17 anos. E para adultos a partir de 18. Celébrase o 2 de xaneiro no Pazo e Anexos. Os nenos de 12:00 a 18:00 horas e os adultos a partir das 18:00. As inscricións están abertas a través das canles oficiais do CB Ensino.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



