Mariana Pineda, nada en Granada en 1804, foi unha heroína que, no século XIX, loitou pola causa liberal , e morreo executada a garrote vil naquela cidade en 1831. Moi xove empezara a involucrarse coa ”causa” e cada vez mais en contra dos partidarios do absolutismo e do rei Fernando VII.
Nun rexistro da súa casa, Ramón Pedrosa e Andrade, comisionado especial para as causas contra a Seguridade do Estado, especie de policía política, requisa unha bandeira de dous metros por un, na que se bordara con fío bermello o lema liberal : “Igualdade, Liberdade e Lei”.
Mariana é arrestada, acusada de conspiración e encarcelada. Ela, que non sabía bordar,encargara o traballo a dúas criadas.
Durante o xuizo, Pedrosa intenta convencela de que delate ás súas cómprices a cambio de perdoala;pero négase, e Fernando VII asina a sentencia de morte. Federico García Lorca inmortalizou o episodio coa obra dramática “Mariana Pineda, romance popular en tres estampas”;no VII tomo da interesante serie “Mondoñedo, regreso al pasado” , recopilación de artigos publicados en diversos medios polo primeiro cronista oficial de Mondoñedo, Eduardo Lence Santar e Guitián , realizada polo mindoniense Isidro Fernández,
Grazas á publicación do amigo Isidro , soubemos que don Ramón Canosa, quen levou ó cadalso á liberal Mariana Pineda, era un mariñán de Adelán-Alfoz, nado en 1786, na súa casa de Escoura; que fora Procurador Xeral do concello de Mondoñedo e xefe político do distrito; abogado da Real Audiencia de Galicia; Alcalde Maior e do Crime da Chancillería de Granada.
Pedrosa, detrás de Pineda moitos anos, detívoa baixo arresto domiciliario, mentres obrigaba a esconder a bandeira na casa, para que a policía atopara a proba de delito.
Pasado un tempo, en Escoura, Adelán, presentáronse 36 soldados que o conduciron preso ó Castelo de San Antón, na Coruña, onde se formou causa, sendo desterrado por seis anos a Filipinas. Tempo mais tarde marcharía a Roma, onde finou.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



