Viveiro 30-12-17. O BNG de Viveiro ven de rexistrar no Concello un escrito dirixido ao Goberno de María Loureiro para esixirlle adoptar medidas preventivas de seguridade e salubridade ao longo de todo o perímetro dos edificios de Seiramar (Covas) e do Serra (Pontelabrada-Viveiro), para dar protección e velar pola seguridade da veciñanza e viandantes que frecuentan estas zonas de Covas e Viveiro, debido ao lamentable estado de abandono no que se atopan estas edificacións e que son obxecto de preocupación das veciñas e veciños destas contornas, e cuxas queixas lles fixeron chegar ás/aos nacionalistas viveirenses.
A organización nacionalista, logo de comprobar o estado de abandono e deterioro destes inmobles cren efectivamente que existe un perigo real para os viandantes e que de non poñerlle solución inmediata a esta situación, pode chegar a provocar unha traxedia os posibles desprendementos de elementos deteriorados das fachadas destes edificios, ademais de ser dous perigosos focos de salubridade para as veciñas e veciños destas zonas, dado que se converteron nun niño de infeccións, insectos e ratas por mor da acumulación de lixo.
Desde o BNG de Viveiro teñen claro que é responsabilidade do Concello adoptar as medidas preventivas de seguridade e salubridade, por conta dos propietarios, para dar protección e velar pola seguridade da veciñanza e viandantes que frecuentan estas zonas de Viveiro e Covas. Medidas que deben traducirse, por exemplo, na instalación de mallas de seguridade nas fachadas dos edificio para evitar posibles desprendementos e/ou valados ao longo das zonas perimetrais destes edificios.
O BNG de Viveiro entende que o goberno municipal debe pedir os informes técnicos municipais correspondentes sobre estes inmobles para comprobar se se dan as condicións para a declaración de ruína das edificacións e proceder conforme establece a lei para estes supostos ou de non darse as condicións, para requerirlle aos propietarios destes edificios a execución das obras de reparación, conservación e mantemento dos mesmos nas debidas condicións de seguridade, salubridade e ornato conforme ao establecido na Ordenanza Municipal de Policía e Bo Goberno do concello de Viveiro.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



