Lugo, 29 de decembro de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, deu conta sobre os asuntos que o Executivo aprobou na última Xunta de Goberno que tivo lugar este venres e informou que “rematamos o 2017, xerando outros 201 novos postos de traballo para lucenses no paro e investindo outros 560.000 euros na dinamización social da provincia a través do deporte e en colaboración co conxunto do tecido asociativo lugués”.
E é que o Goberno da Deputación resolveu hoxe as axudas de concorrencia competitiva de 2,4 millóns de euros do Ben Empregado 4, máis social, as de 485.000 euros para clubs e entidades deportivas da provincia e as de 75.000 euros para deportivas individuais tamén de todo o territorio lugués.
700 novos empregos
O Executivo aprobou a resolución definitiva das axudas de concorrencia competitiva de 2,4 millóns do Ben Empregado 4, máis social, que puideron solicitar todos os autónomos, PEMES e colectivos da provincia. Os beneficiados resultaron ser 201 entidades e asociacións luguesas, que ofrecerán outros tantos postos de traballo.
Campos Conde destacou que a vindeira semana se publicará no BOP a listaxe de entidades e colectivos beneficiados, así como os 201 perfís laborais que demandan, “todos eles dirixidos, exclusivamente, a lucenses actualmente no paro de todos os sectores”, pois os perfís son moi variados: camareiros, psicólogos, deseñadores gráficos, albaneis, pintores, educadores sociais, monitores de tempo libre, licenciados en dereito, enxeñeiros, xornalistas, mestres… entre outros. En xaneiro, abrirase o prazo de solicitude dos empregos.
O Presidente explicou que “dentro da nosa aposta por unha Deputación social e coas persoas, con estes fondos de 2,4 millóns financiamos o 100% os custos laborais durante 1 ano de 60 lucenses, hoxe no paro, por tratárense de veciños con capacidades diferentes, en risco de exclusión laboral ou por retomar a súa actividade laboral en colectivos sociais da provincia. Financiamos o 50% dos custos laborais doutros 141 lucenses, tamén hoxe no paro, pola súa incorporación laboral en establecementos de autónomos e PEMES da provincia”.
“Con estes 201 novos postos de traballo, xeramos no 2017 un total de 500 novos postos de traballo nos 67 Concellos da provincia para veciños no paro. Pero, tendo en conta todas as programacións de xeración directa de emprego que temos en marcha no conxunto do territorio lugués, son máis de 700 os postos de traballo que estamos a financiar a día de hoxe, facendo un importante esforzo inversor de 8,4 millóns de euros. No 2018, seremos de novo a administración galega que máis inviste en verdadeiras políticas de inserción laboral na provincia, pois destinaremos máis fondos, cun mínimo de 9 millóns do novo orzamento da Deputación”.
Impulso ao deporte
O Executivo da Deputación tamén resolveu as axudas de concorrencia competitiva, aberta a todos os lucenses, por valor de 560.000 euros cuxo obxectivo é a dinamización social da provincia a través do deportes. Desta cantidade, 485.000 euros son para colaborar coa actividade competitiva de 321 entidades e clubs deportivos, así como na celebración de multitude de eventos que organizan nos Concellos durante todo o ano. Outros 75.000 euros son para contribuír á actividade de 150 deportivas individuais da provincia, que compiten en distintas disciplinas deportivas: atletismo, natación, tiro olímpico, judo, ciclismo, pesca ou piragüismo, entre outras. Tamén se publicará nos vindeiros días no BOP a listaxe detalla de beneficiados destas axudas.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



