Cervo 30-12-17. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, agradeceu a Paco Piñeiro o extraordinario traballo xa que “coa súa habitual tenacidade e entrega, logrou recompilar ese universo de nomes, datos e historias para compartir con todos nós”.
Un xesto sen dúbida xeneroso, que nos brinda a oportunidade única de camiñar polas memorias da Parroquia de Santa María de Cervo, descubrindo anécdotas, relatos e ilustres persoeiros que quedarán por sempre ligados á nosa historia.
Tiven a oportunidade de ter nas miñas mans un esbozo deste libro -engadiu- “e ao ler aquilo que xa está escrito sobre o noso pasado, un dase conta de que ás veces buscamos historias, lonxe dos nosos costumes, cando o noso propio relato ten os mellores condicionantes que podamos atopar dentro de calquera xénero literario. E a maiores de todo hai un factor diferencial moi importante. Trátase da nosa historia. Da historia do pobo de Cervo”.
O rexedor sinalou que estas Escolas son o mellor agasallo que nos deixaron os nosos devanceiros; compatriotas emigrados a Cuba ou á Arxentina, que foron testemuñas nas súas propias carnes de que a educación era o mellor pasaporte para o futuro. E é que, tal e como se recolle nesta Crónica, o maior continxente de emigrantes proporciónano aqueles países nos que a cultura pública está atrasada.
Desa ansia de abrir as portas do coñecemento ao seu Pobo naceu a primeiro Grupo Escolar Público do distrito Cervo-Sargadelos. Un legado que temos o deber de conservar e protexer tamén dende as Administracións, promovendo e defendendo unha educación pública de calidade.
Este libro ten que ser unha peza imprescindible nas vitrinas e bibliotecas das nosas casas. Un exemplar que se transmita de xeración en xeración; porque é fundamental saber de onde vimos e o gran esforzo que lles custou aos nosos antepasados conseguir o que hoxe temos.
O que se recade coa venda do libro, editado polo Concello de Cervo, será doado ao Grupo de Teatro O Bordelo como contribución á sua extraordianria labor cultural, e para que sigan a promover e divulgar a súa actividade.
O Concello de Cervo fíxolle entrega a Paco Piñeiro dunha figura de Sargadelos, como xesto agarimoso e en recoñecemento ao seu traballo.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



