Lugo 22-12-17. O xurado, integrado polo reitor da USC, Juan Viaño Rey; o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema; o reitor da Universidade de León, Juan Francisco García Marín; o director do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, Manuel López Luaces, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, reuniuse esta mañá para avaliar as catorce candidaturas presentadas e deu a coñecer o nome do galardoado nunha conferencia de prensa celebrada no vicerreitorado lucense.
A vencedora desta décimo oitava edición do Premio Aresa foi finalmente a Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo. Seguindo as bases do concurso, os membros do xurado prestaron especial atención a aquelas candidaturas que xerasen postos de traballo de calidade no rural, que puxesen en valor os produtos da terra, que recuperasen subsectores agrícolas e gandeiros tradicionais con potencial para desenvolverse e que buscasen innovar en produtos e métodos produtivos.
O vencedor foi elixido por unanimidade por cumprir con todos estes requisitos, pola longa traxectoria na formación de homes e mulleres que participaron cos seus coñecementos na mellora do mundo rural e polos proxectos de investigación que desenvolven nese mesmo senso. Os dous membros do xurado ligados á Universidade recoñeceron absterse na votación final para non influír na decisión.
Este recoñecemento chega xustamente no ano no que a Politécnica de Lugo cumpre o seu 50 aniversario e no que tamén foi recoñecida entre as mellores universidades españolas no ranking da Fundación BBVA, no ámbito da enxeñería agronómica e forestal.
O presidente do Grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, agradeceu a todos os membros do xurado o seu traballo, especialmente a Juan Francisco García Marín e Manuel López Luaces, por aportar unha boa visión do sector e axudar a valorar da mellor maneira todos os proxectos concorrentes e destacou do premiado: “O valor desta escola na provincia de Lugo, un territorio no que os sectores agrícola, gandeiro e forestal xogan un papel transcendental en toda a nosa economía. Creo que é un premio moi acertado e moi merecido”.
A todos os méritos deste centro, Viaño Rey engadiu que “é ademais salientable o seu compromiso coa sociedade, xa que pon a disposición de particulares, empresas e institucións todo tipo de formación relacionada co medio rural”.
A Escola Politécnica de Lugo será dotada con 10.000 euros e recibirá o seu diploma e os honores correspondentes nunha gala que ten previsto ter lugar o 16 de febreiro de 2017.
Así mesmo, os membros do xurado destacaron a calidade do resto das candidaturas presentadas: Kalekói, Vinagres do Ribeiro, Hortícolas Javier Miranda, Adega Algueira, Finca Villadangos, Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia, Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo, Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Asociación de Criadores de Raza Porco Celta (Asoporcel), os traballos de I+D+i “Optimización do proceso de fermentación de mostos de uvas de mesa brancas e tintas con gránulos de kéfir para a produción de bebidas funcionais” e “Elaboración de aceites monovarietais de sementes de vide, procedentes de residuos vitivinícolas industriais das variedades brancas de albariño, caíño branco e loureira” e unha última candidatura que solicitou o anonimato da súa participación.



















O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros. Ademais, a área de Rural dá apoio organizativo e loxístico á Gran Feira Tradicional de Gando e achega á Mondoñedo a exposición fotográfica "Gardiáns" de Jorge Arévalo, que mostra o traballo en ganderías de razas autóctonas e a pegada dos animais na cultura galega desde o punto de vista documental e creativo. A exposición poderá verse no Pazo de San Tomé ata o 15 de novembro.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.



