Fai uns días, revisando os decretos que se achegaban coa convocatoria do pleno do concello de Viveiro do sete de decembro, aparecía un no que se fixaba o pago de 31.161 € – pago de salarios dun ano máis o 20% de recargo da cuota da Seguridade Social – que o Concello lle tiña que pagar a un traballador como consecuencia dunha sentencia firme que declaraba a nulidade do seu despido e o condeaba non so a pagar esta indemnización, senón tamén a su readmisión o seu posto de traballo, en concreto á conserxería dun colexio da nosa cidade.
No seu momento esta sentencia decía que se producira unha contratación fraudulenta por parte do concello e que polo tanto non existía causa para a extinción do contrato, salvo a represalia porque o traballador exercera o seu dereito – solicitarlle o Concello o recoñecemento do carácter indefinido do seu contarato – a través da acción xudicial.
En todo o tempo que durou este litixio, o Concello de Viveiro sacou esa plaza de conserxe e cubriuna con outra persoa, agora desplazada a outro posto de traballo como consecuencia da readmisión do que estaba nun primeiro momento, co que chegamos a xuntarnos con dous conserxes para a mesma praza.
Ante este tipo de situacións onde observamos que meten e sacan xente o seu gusto, cabería preguntarse que clase de política de contratación leva a cabo o noso Concello, xa que sempre acontecen fenómenos extraños que acabamos pagando os veciños de Viveiro do noso peto, non hai máis que recordar os máis recientes do “pisicinazo” municipal, onde unha vez máis os xuices enmendaronlle a plana á Sra. Alcaldesa, tendo que volver a valorar algunhas plazas cos conseguintes movementos de traballadores que levarán consigo novas reclamacións e novas indemnización que sufragaremos entre todos.
Queda claro que á Sra. Alcaldesa e o seu equipo de goberno non lles doe dilapidar os cartos dos veciños en asuntos que non reportan ningún beneficio ós mesmos, porque xa non so acontece cos casos de contratación de persoal, senón que tampouco lles importou demasiado a busqueda dos 22.000 € que se esfumaron das contas de Aparcamentos de a Mariña como por arte de maxia.
Sin dúbida disparar con polvora do rei sempre foi moi doado. Se fora dos seus petos e eles foran os paganinis, seguramente outro galo cantaría e poñerían máis rigor e máis interese nas súas actuacións e nas súas consecuencias. Está claro que mentres os paganinis sigamos sendo sempre os mesmos, os veciños de Viveiro, pouco vai a cambiar a súa nefasta xestión.
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



