Burela 12-12-17. Como non podía ser doutro xeito, o gran mausoleo burelista foi o escenario escollido para a presentación do Futuro Laranxa 2017-18. Estreando o mes de decebro, máis de 150 xogadores/as da base do Pescados Rubén Burela FS, de entre 3 e 21 anos, reuníronse no pavillón Vista Alegre para a súa posta de gala, acompañados de monitores, delegados e directiva, co deputado de Deportes de Lugo, Pablo Rivera, e o seu homólogo no Concello de Burela, Ramiro Fernández, como convidados de honra.
Cunha traxectoria de formación de base de máis dunha década, dende 2007-08, un total de 13 equipos configuran a estrutura de base 2017-18 do club mariñán, nas categorías de Biberón, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil, ademais de Sénior Feminino. O Futuro Laranxa compite actualmente en 5 ligas: Deporte Escolar en Benxamín, Alevín e Infantil, con 4 equipos; Liga Provincial Cadete; Liga Autonómica Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil; División de Honra Xuvenil RFEF e Primeira Galicia Sénior Feminina. Esta semana tamén se sumarán á ilusión da competición os 2 equipos máis pequenos, con Liga Biberón Galicia A Mariña Lucense-Fundación Imdecum e Liga Local Galicia Prebenxamín A Mariña Lucense-Fundación Imdecum.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
