Terá lugar este sábado, 23 de decembro, a partir das 19:30 horas, na Casa da Cultura de San Cibrao. Será unha xornada protagonizada polos grupos locais; que contará coa actuación da Coral Terramar, a Coral do CIT, As Mariolas, Airiños do Xunco, A Rebolaxe e Mistura. Na presentación, que tivo lugar na Casa da Cultura, déronse cita o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e representantes das diferentes asociacións e grupos que actúan. O Concello de Cervo convida a todos os veciños e visitantes a que asistan a esta Gala, coa que, en certa medida, arrincamos oficialmente a programación do Nadal no noso Concello. Á tardiña Papá Noel visitará o Local Social de Trasbar, e tamén estará na Casa do Mar dende as 17:00 horas, da man da Asociación Mulleres de San Ciprián, e coa compañía da contacontos Raquel Queizás.
