Disputouse o II Trofeo Solidario Praias de Barreiros CD de fútbol sala, no que participan o CD Cubelas FS, o Trabada FS, o CDE Marino das Figueiras e o anfitrión. O obxectivo é entregar todos eses produtos ao Banco de Alimentos do Concello barreirense para que os distribúan entre as familias máis necesitadas do municipio. Cos organizadores estivo esta tarde o alcalde, Alfonso Fuente Parga.
