Xove 1-12-17. Dentro do programa de nadal, un dos seus pratos fortes vai ser o concurso de karaoke, que este ano celebra a súa VII edición o venres, 22 de decembro.
Este concurso presenta tres categorías: peques para menores de 12 anos; iunior de 12 anos ou máis e menores de 18; veteranos para maiores de 18 anos. as bases, ficha de inscrición e a relación de cancións para participar pódense consultar nas oficinas xerais do concello, no departamento de cultura o na web do concello. tamén podemos enviar toda esta documentación por email (bases, ficha de inscrición e relación de cancións), se así nolo solicitan.
A inscrición neste concurso é de carácter totalmente gratuita. pois ben, a inscrición xa está aberta e pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do concello, máis concretamente na oficina do técnico municipal de cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade. para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.
A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do venres 22 de decembro e estará aberta tamén este mesmo día de celebración do concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas no pavillón municipal, para os que inda queiran apuntarse.
Dentro das posbilidades de inscrición hai un apartado especial para os que concursen cunha canción non incluída na lista da organización. para estes casos, a inscrición rematará o venres 15 de decembro ás 14:30 horas.
Premios
Peques.
premio á “mellor voz” (2 premios): 60 euros
premio á “mellor caracterización”: 60 euros
Junior
premio á “mellor voz” (2 premios): 90 euros
premio á “mellor caracterización”: 90 euros
Veteráns
premio á “mellor voz” (2 premios): 150 euros
premio á “mellor caracterización”: 150 euros
É importante sinalar que o pago dos premios vaise realizar o mesmo día do concurso, ao remate; con isto queremos darlles facilidades aos premiados/as que veñan de fóra de Xove, para que non teñan que volver a desprazarse para poder cobralo.



















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



