Lugo, 3 de xaneiro de 2018. O Goberno da Deputación informou este mércores os 3 gañadores no IV Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera. Trátase da cuarta edición do certame fotográfico que organizou o Executivo Provincial, dotado con 1.600 euros, para dar a coñecer e poñer en valor a riqueza paisaxística e ambiental, así como os recursos naturais dos que dispón as Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses.
Este ano o concurso tivo como tema central a armonía entre persoas e natureza, nestes 2 espazos naturais que contan co distintivo da UNESCO, co que pretendíase que as instantáneas amosaran oficios tradicionais que se atopan integrados na natureza, infraestruturas ou patrimonio material, inmaterial e etnográfico que están en harmonía coa natureza.
Foron 21 persoas as que participaron este ano coas súas obras. Os tres mellores traballos presentados recibiron premios en metálico de 800, 500 e 300 euros, respectivamente. Os criterios valorados polo xurado foron a composición, orixinalidade e calidade estética da imaxe. Os premiados foron os seguintes:
– 1º Premio: “Ocaso castrexo” de Oscar Doral García.
– 2º Premio: “El instante” de Daniel Sánchez Enjuto.
– 3º Premio: “A espera” de Antonio José Fernández Hevia.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



