Foz, 25 de xaneiro de 2018. A biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz, convoca a décimo sétima edición do certame de poemas de amor. O prazo para a presentación dos traballos rematará o 26 de febreiro. Anunciouno hoxe o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto.
As bases son as seguintes:
1) Poderán participar todas as persoas que o desexen en tres modalidades: Infantil (ata 12 anos), Xuvenil (de 13 a 18 anos) e Adultos (de 19 anos en diante).
2) O tema será referente ao amor e ao Día de San Valentín.
3) A extensión máxima será dunha folla DIN-A4. Pode ser escrita a máquina, ordenador ou a man (en maiúsculas).
4) Os poemas presentaranse sen ningunha identificación exterior. Deberá acompañar ao poema un sobre pechado no que se introducirá: nome, apelidos, dirección completa, teléfono e a idade.
5) Os poemas presentaranse preferentemente en galego.
6) Os traballos entregaranse na Biblioteca Pública Municipal e o prazo de presentación será ata o día 26 de febreiro de 2018 e tamén a través do correo electrónico biblioteca@concellodefoz.es.
7) Os premios por cada modalidade serán os seguintes:
1º e 2º Premio Infantil : Lote de libros máis agasallo.
1º e 2º Premio xuvenil : Vale de 50 euros e cea – Vale de 30 euros e cea.
1º e 2º Premio adultos: Vale de 100 euros e noite de hotel – Vale de 60 euros e cea.
8) Os poemas pasarán a ser propiedade da Biblioteca Municipal e resérvase a facer o uso que considere oportuno.
9) O fallo do xurado será anunciado a través do facebook do Concello, RadioFoz, a prensa ou ben chamando ao teléfono 982.140.675. A entrega de premios será nun acto a celebrar día 3 de marzo, sábado, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.
10) A participación no certame implica a aceptación destas bases.
No acto de entrega de premios actuarán alumnos da Aula Moderna da Escola de Música de Foz e Felipe Sánchez.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



