Segundo explica Noelia Mª Ben “trátase dun obradoiro de iniciación á elaboración de conservas, marmeladas e licores caseiros. O obxectivo é coñecer o xeito correcto e seguro de conservar e preparar os excedentes da horta, así como os produtos tradicionais e de tempada, por medio de distintos sistemas de preservación. Ademais de valorar as numerosas vantaxes da elaboración das conservas, marmelos e licores dun xeito doméstico e caseiro, dende o punto de vista ecolóxico, económico e produtivo da nosa horta, bosque, mar e xardín”. A edil subliña que “o obradoiro é totalmente gratuíto para os participantes, ten un número de prazas limitadas, e para inscribirse hai que achegarse á Oficina de Medio Ambiente do Concello de Burela (sita na antiga Capitanía) ou chamar ao 982 58 08 67”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



