Alfoz, 31 de Xaneiro de 2018. A directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro impartiu hoxe unha charla sobre a colección de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo no Castelo de Castrodouro de Alfoz para os estudantes do IES Perdouro de Burela. Esta exposición de ourivería antiga do II milenio a.C. ata a Idade Media podese visitar gratuitamente ata o domingo 11 de febreiro. Os alumnos e profesores do IES Perdouro despois da conferencia puideron visitar entre outros atractivos naturais a Fervenza do Escouridal.
O mércores 15 de febreiro a Pilar García Porto, Deputada da Área de Cultura da Deputación de Lugo e Enrique Alcorta, arqueólogo do Museo Provincial de Lugo inaugurarán unha exposición de numismática antiga no Castelo de Castrodouro. Nesta ocasión os alumnos do IES Alfoz Valadouro terán un conferencia impartida polo arqueólogo do Museo Provincial.
Como indica Xabier Pardiñas, Tenente Alcalde do Concello de Alfoz “con esta nova iniciativa tratamos de promocionar as exposicións do castelo mediante visitas didácticas destinadas a centros educativos”























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



