Burela 29-1-18. A Mariña Alevín proclamouse campioa no Torneo Amigable de Seleccións de Lugo disputado onte en Sarria. O conxunto de Andrés López e Michael Sante impúxose na gran final a Lugo por 0-5, despois de vencer á Terra Chá por 4-5.
A cita de combinados comarcais tamén reuniu en Mondoñedo a categoría Infantil, coa terceira praza para A Mariña, dirixida por Mario Pillado e Carlos Moreno, con empate ante A Terra Chá (2-2) e vitoria fronte a Lugo Sur (4-2).
As seleccións de fútbol sala base da bisbarra, coordinadas pola Fundación Imdecum, pechan así a súa excelente participación no Amigable de Lugo da RFGF, que abriu no mes de decembro A Mariña Benxamín en Begonte, alzándose tamén co título. O combinado de David Riveira e Jesús Ares venceu na primeira semifinal a Lugo Sur/Montaña por 11-1 e na final a Lugo por 5-0.