Burela 3-1-18. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo presenta este xoves 4 de xaneiro os equipos TEDEPAD para o tratamento e inactivación das vísceras no peixe, adquiridos dentro dun “proxecto piloto de tratamento de vísceras para a prevención de parásitos no peixe” e que xa están operativos para salir ao mar nos vindeiros días.
O obxectivo principal deste equipamento é a inactivación ou inertización dos residuos orgánicos xerados a bordo e contribuir á reducción na presenza de parásitos en especies de interese comercial cun doble obxectivo: mellorar a seguridade alimentaria e reducir o impacto no medio mariño. O equipo TEDEPAD é o único patentado na UE para o tratamento das vísceras xeradas ao procesar o peixe a bordo exterminando completamente os parásitos.
O acto de presentación, que terá lugar ás 11:00h nas instalacións da OPP Lugo, ubicadas no Porto de Burela, contará coa presenza da Directora Xeral de Pesca da Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez, representantes da OPP de Lugo e de ABSA, así como os armadores das embarcacións participantes no proxecto (Nuevo Ebenezer e Raúl Primero) e técnicos da empresa Marexi.
A continuación visitaranse estas embarcacións para comprobar in situ os equipos, que contarán cun módulo rexistrador de datos para o seu estudo e análise durante o ano 2018 e para a posta a disposición do resto de socios.