A Peña Manfra, de Ribadeo, fundada no antigo bar do mesmo nome en 1968, celebrou o seu 50º aniversario o pasado sábado. O evento incluiu un xantar no restaurante Marinero. Antes, os compoñentes desta veterana agrupación reuníronse para tomar un viño e un aperitivo no local do antigo bar Manfra, a onde volveron despois do xantar para xogar as partidas de cartas tradicionais en todos os encontros do colectivo. A maioría dos membros da Peña son veciños de Ribadeo, pero tamén conta con compoñentes que actualmente residen en outras localidades de A Mariña como Santiago de Reinante, Cangas de Foz ou Vilanova de Lourenzá.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



