Lugo, 20 de xaneiro de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a presidenta do Observatorio de Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial, Ángeles Carmona, presentaron hoxe en Lugo a campaña impulsada pola Xunta para previr e sensibilizar ao movemento veciñal sobre a violencia de xénero.
O acto contou tamén coa participación da presidenta da Comisión de Igualdade da Asociación Española de Auditores Socio-Laborais, María Ángeles García, e do presidente da Federación de asociación de veciños de Lugo, Jesús Vázquez.
Durante o acto, os asistentes coñeceron pautas que lles poden axudar a detectar casos de maltrato e como reaccionar ante eles. Ademais, fíxoselles tamén entrega dun trípitico con consellos sobre como previr e abordar estas situacións.
A campaña, que se iniciou onte en Pontevedra e que chegará a toda Galicia, vai dirixida ás asociacións de veciños e veciñas porque, pola súa proximidade, poden exercer un papel fundamental á hora de detectar estas situacións e axudar ás vítimas. Neste sentido, todos os intervintes realizaron un chamamento á cidadanía para que denuncien estes casos para seguir avanzando nunha loita que é responsabilidade do conxunto da sociedade.
Nesta mesma liña de actuación, cómpre recordar que a Xunta xa asinou o ano pasado un convenio de colaboración co Colexio Oficial de Administradores de Fincas (COAFGA) e a Asociación Española de Auditores Socio-Laborais (CEAL). A súa principal finalidade é contar coa súa colaboración na prevención e detección de situacións de violencia de xénero nas comunidades de propietarios e propietarias nas que están presentes.
Ademais desta iniciativa, a Xunta ten posto en marcha un gran abano de programas e proxectos para loitar contra a violencia de xénero, unha prioridade para o Goberno galego. Así, e entre outras liñas, as vítimas poden acceder a axudas económicas, atención médica e psicolóxica, e formación e asesoramento legal. Este compromiso demóstrase tamén a nivel orzamentario. De feito, a partida destinada a este fin nas contas do 2018 é practicamente o dobre do que había hai 5 anos.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



